Catro novos positivos no brote da Mariña, que baixa ata os 185 casos activos tras cinco altas

Dúas persoas permanecen hospitalizadas en Burela.

Mostra para análise PCR. GALICIA CONFIDENCIAL

Fontes do Sergas confirman outros catro positivos no brote da Mariña, ao tempo que notifican cinco novas altas. Así, o cómputo total de casos activos baixa ata os 185 (un menos ca onte). Dúas persoas permanecen ingresadas no Hospital da Mariña e a súa evolución é “favorable”.

Así o informou este domingo a área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, dende onde explicaron que o pasado sábado se realizaron 135 PCR a persoas relacionadas co brote. “Iso implica un porcentaxe moi baixo de positivos respecto ao momento no que se adoptaron as medidas para conter o foco no distrito da Mariña”, subliñan, para engadir que daquela “aproximadamente o 20% das PCR realizadas eran positivas”.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here