InicioPolítica"Normalidade" na xornada electoral en Burela, con afluencia de votantes "constante"

“Normalidade” na xornada electoral en Burela, con afluencia de votantes “constante”

O alcalde incidiu en que os veciños “están cumprindo escrupulosamente" os protocolos de seguridade

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Burela, o socialista Alfredo Llano, destacou a “normalidade” no que vai de xornada electoral no seu municipio, epicentro do brote de coronavirus na Mariña con 185 casos activos este domingo, cunha afluencia “fluída e constante” de votantes.

Así o manifestou o rexedor de Burela, quen resaltou o desprazamento “continuo de xente a votar” ata as 14.00 horas, momento no que se notou unha “baixada” de votantes.

Preguntado sobre os veciños con PCR positiva -uns 137 segundo matizou- e o resto en corentena -uns 300- que non poden saír da casa para acudir a votar como establece a Lei de Saúde de Galicia en relación ás enfermidades infectocontaxiosas, o alcalde recordou que as persoas que non deben saír á rúa “foron advertidas” polas autoridades sanitarias.

En relación ás restriccións de mobilidade no seu municipio decretada polas autoridades sanitarias como consecuencia do brote, o único da Mariña no que os veciños só, salvo excepcións, poden desprazarse dentro do seu termo municipal, o rexedor subliñou que a xente “está concienciada“.

“DÍA RARO”

“Hoxe é un día raro”, comentou, para matizar que as persoas censadas poden saír ou entrar no municipio para votar no seu distrito electoral. “Non hai gran preocupación”, apostilou, para destacar que “está colaborando a xente”. “Andan con máscara e non hai tantas aglomeracións“, comentou sobre o tránsito na vía pública.

Llano incidiu en que os veciños de Burela “están cumprindo escrupulosamente os protocolos de seguridade” establecidos pola Consellería de Sanidade, polo que espera que isto implique “que vaian baixando os casos” positivos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...