IniciosociedadeO Sergas non confirma novos casos no brote da Mariña; 21 positivos...

O Sergas non confirma novos casos no brote da Mariña; 21 positivos reciben a alta

O número de infectados no foco da bisbarra baixa a 163, segundo o reconto oficial do Sergas

Publicada o

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) expuxo este martes que o número de casos activos de coronavirus no brote da Mariña descende a 163, ao non rexistrarse ningún positivo novo nas últimas horas e despois de que nese mesmo intervalo de tempo se desen 21 altas, que deste xeito ascenden “a máis de cincuenta”, segundo os datos oficiais da Consellería de Sanidade.

“Todas as PCR realizadas no día de onte a persoas relacionadas con este brote foron negativas”, afirma o Sergas nun comunicado no que non concreta a cantidade de probas realizada.

Dos 163 casos activos “a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve”, explica a Consellería de Sanidade, e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días. Do mesmo xeito, as persoas cuxas probas deron resultado negativo permanecen en seguimento no seu domicilio.

A presión hospitalaria na comarca continúa estable. Dous pacientes con Covid-19 atópanse ingresados no Hospital Público da Mariña, ambos en planta.

No tocante á residencia de maiores de Burela, onde unha traballadora substituta deu positivo, por agora só se confirma, segundo os mesmos datos, un único positivo entre o persoal; non se atoparon infectados entre os residentes.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...