IniciosociedadeBurela encadea dous días sen positivos novos e reduce os casos de...

Burela encadea dous días sen positivos novos e reduce os casos de 140 a 125

Un total de 293 burelaos permanecen en corentena; o alcalde remarca que a veciñanza está a dar un exemplo de "responsabilidade compartida"

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Burela, o socialista Alfredo Llano, confirmou que segundo os datos oficiais do Servizo Galego de Saúde (Sergas), o municipio leva “dous días” sen sumar casos novos no brote de coronavirus e a cifra de veciños contaxiados baixou de 140 a 125 tras producirse 15 altas. Un total de 293 burelaos permanecen en corentena, malia seren negativos.

Llano asegura que a xente do seu municipio estase comportando “dunha forma especial” e grazas “a esa responsabilidade compartida” estanse conseguindo uns “resultados extraordinarios”.

As autoridades sanitarias pecharon o pasado venres o municipio de Burela -aínda que non se confinou á súa poboación- para cortar a cadea de contaxios a outros concellos da Mariña.

Esas medidas e a colaboración da poboación de Burela, que “está facendo as cousas con sentido”, dixo o alcalde, propiciaron que nos dous últimos días “non se rexistrasen novos positivos” por Covid-19 nese municipio, de modo o número de casos activos “baixou de 140 a 125”.

Nese sentido, o rexedor precisou que os veciños de Burela “están respondendo perfectamente” e reciben estes datos con “optimismo e coa esperanza” de alcanzar pronto o “obxectivo” establecido, que non é outro “que cortar a cadea de contaxios“. Ao seu xuízo, a veciñanza do municipio está dando “un exemplo de responsabilidade”.

Por iso, quixo felicitar á poboación de Burela polo seu “comportamento” e espera que a situación sanitaria permita “volver canto antes á nova normalidade, tanto no aspecto socioeconómico coma no sanitario“.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...