IniciosociedadeDous novos casos e doce altas no brote da Mariña, para 69...

Dous novos casos e doce altas no brote da Mariña, para 69 positivos; baixa a dous o número de ingresados

A residencia de Burela queda libre de coronavirus tras recuperarse a traballadora infectada

Publicada o

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) contabiliza 69 casos activos de coronavirus no brote da Mariña Lucense, dez menos ca onte, segundo expuxo nun comunicado de prensa. A Consellería de Sanidade expón que nas últimas horas rexistráronse dous novos positivos e doce altas de pacientes con Covid-19.

Segundo o Sergas, das 86 PCR realizadas nesta última xornada, dúas resultaron positivas e 84 negativas.

Dos 69 casos activos, “a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve”, e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días. A presión asistencial sobre o Hospital Público da Mariña tamén minguou, pois descendeu de catro a dous o número de ingresados en Burela. Os dous hospitalizados están en planta e a súa evolución “é favorable”.

361 CONFINADOS

As persoas cuxas probas deron resultado negativo permanecen en seguimento no seu domicilio. Nestes momentos hai 361 persoas confinadas, 24 menos que onte.

SEN POSITIVOS ENTRE O PERSOAL NIN OS MAIORES DO XERIÁTRICO BURELAO

Por outra banda, os centros de maiores de Galicia quedan polo de agora libres de coronavirus ao recibir a alta nas últimas horas unha traballadora da residencia de Burela.

Trátase dunha obreira substituta, cuxo positivo foi detectado o pasado 8 de xullo, e que comezou a súa xornada sen resultado da PCR. Desde Política Social aseguraron que esta empregada apenas tivo contacto cos maiores do centro, pois entrou traballar na quenda das 15.00 horas e o positivo foi comunicado hora e media despois. Non se detectaron máis casos no centro de maiores burelao, nin entre o persoal nin entre os residentes.

A Xunta destaca nun comunicado que nestes momentos non hai constancia de ningún positivo por coronavirus nos centros residenciais de maiores e de persoas con discapacidade de Galicia. O saldo mortal da pandemia nestes centros é de 274 persoas falecidas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...