Volven á casa dous dos mariñeiros de Burela que deran positivo en Cantabria

No albergue de Solórzano permanecen outros dous traballadores, á espera de ter resultado negativo nas probas

O Mar de Annea, en Cantabria. EFE/ MIGUEL RAMOS

EFE. Dous dos pescadores procedentes de Burela que permanecían illados no albergue de Solórzano ao dar positivo en coronavirus abandonaron xa o confinamento e están de volta en Galicia, segundo anunciou o conselleiro de Sanidade de Cantabria, Miguel Rodríguez.

No albergue do Goberno cántabro quedan outros dous mariñeiros, á espera de que se lles repitan as probas e se dan negativo como os seus compañeiros poderán volver tamén ás súas casas. O venres pasado regresaron a Galicia seis dos dez pescadores de Burela que permanecían illados en Solórzano despois de detectarse catro positivos nas tripulacións de tres barcos galegos, “Mar de Annea“, “Ledicia” e “Sapilo“, que estaban a faenar na costeira do bonito.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here