IniciosociedadeUnha alta e un caso novo no brote da Mariña, que se...

Unha alta e un caso novo no brote da Mariña, que se mantén en 51 positivos

Na última xornada realizáronse 185 PCR, segundo Sanidade; o número de ingresados baixa a dous

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos relacionados co brote de coronavirus que afecta á Mariña sitúase en 51, cifra igual á de onte, despois de que se documentase unha alta e un caso novo, segundo o reconto comunicado este domingo polo Servizo Galego de Saúde (Sergas).

De acordo coa mesma fonte, realizáronse un total de 185 PCR nesta última xornada.

Dos 51 casos activos, “a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve”, afirma a Consellería de Sanidade, e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días.

O número de hospitalizados na bisbarra a causa da pandemia segue baixando. Dúas persoas con covid-19 atópanse ingresadas no Hospital Público da Mariña, polas tres de onte, e a súa evolución é “favorable”.

As persoas cuxas probas deron resultado negativo permanecen en seguimento no seu domicilio. En relación co brote da Mariña hai 338 persoas confinadas, unha máis que onte.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...