IniciosociedadeO BNG reclama reforzar o servizo de socorrismo de Burela tras tres...

O BNG reclama reforzar o servizo de socorrismo de Burela tras tres baixas

Tras quedar o municipio con cinco vixiantes, os nacionalistas insisten na contratación de "persoal auxiliar" ou en destinar obreiros municipais ao control das medidas para previr contaxios

Publicada o

O grupo municipal do BNG de Burela denunciou a través dun comunicado de prensa que o número de profesionais que compoñen o servizo de socorrismo nas praias da vila burelá viuse afectado por tres baixas, quedando en cinco os vixiantes que actualmente traballan nos areais.
Segundo o voceiro do BNG burelao, Mario Pillado, “o servizo non se pode levar a cabo con só cinco persoas nas praias, por iso cómpre que o equipo de goberno faga todo o posible para xestionar novas contratacións para suplir as baixas. Somos conscientes que non existen moitos profesionais dispoñibles a estar alturas de verán, pero cremos que se debe facer un esforzo por atopalos”, argumentou.
Pillado continuou dicindo que “tamén seguimos insistindo na posibilidade de contratar persoal auxiliar para reforzar o traballo do equipo de socorristas, para que estes poidan descargar parte das tarefas e cando menos, xa que se ven minguados en número, podan sacar adiante o servizo con maior tranquilidade no que queda de período estival”.
O voceiro do BNG lembrou que “tamén propuxemos, e mantemos, que se destine persoal municipal para o control e seguimento das medidas de seguridade nos areais derivadas do Covid-19, algo que tampouco se levou a cabo”.

“NON VALE QUEIXARSE DO RECORTE DA XUNTA NAS AXUDAS”

Para o portavoz do Bloque “o que non vale agora é queixarse do recorte feito pola Xunta de Galicia neste eido, do que todos somos conscientes e que xa foi criticado no seu momento; o equipo de goberno ten que ter capacidade para xestionar e sacar o servizo adiante nestas condicións”.
Pillado tamén sinalou que “cando se deron a coñecer as axudas de parte da administración autonómica existían concellos veciños con situación moito peor ca de Burela para ofertar o servizo e foron capaces de facelo, mesmo concellos con moitos mais areais e con necesidades de persoal moito mais altas co noso. A nosa vila non pode quedar á cola do resto da comarca tamén neste servizo, cando reunía condicións antes do comezo do mesmo para levalo a cabo de forma relativamente cómoda; por iso é preciso que o goberno local ofreza solucións”, concluíu o concelleiro frontista.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...