IniciosociedadeRil quedará sen socorristas e sen bandeira azul trala renuncia de tres...

Ril quedará sen socorristas e sen bandeira azul trala renuncia de tres vixiantes

O Concello mantén o servizo na Marosa e no Portelo ante "o maior risco" para os usuarios; afirma que non será posible "cubrir as prazas" en atención "ás esixencias e prazos" da normativa

Publicada o

- Advertisement -

A praia de Ril non terá servizo de socorrismo e quedará sen bandeira azul, segundo informou este mércores o Concello de Burela, despois de que tres socorristas renunciasen ao contrato laboral asinado para a tempada de verán. A Marosa e Portelo manterán o distintivo concedido pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (Adeac).

A concelleira de Medio Ambiente de Burela, Toñi Eijo, subliñou que será “imposible” cubrir as vacantes “por razóns de cautela, precaución e seguridade” e apostou por manter o servizo nos outros dous areais que contan con bandeira azul porque “presentan unha maior capacidade e un maior risco para as persoas usuarias”.

Eijo explicou que “procedemos ao arriado da bandeira azul no referido areal. Todo elo como consecuencia da imposibilidade de dotar á mesma do servizo de salvamento, por mor da renuncia ao contrato ou relación laboral de tres dos oito socorristas contratados para esta tempada de verán”.

A edil explica que, aínda que o desexo do goberno local sería manter o servizo e o distintivo, “as esixencias formais e os prazos que establecen as normas do emprego público para a contratación do persoal socorrista, determinan que sexa imposible cubrir as prazas vacantes para esta tempada de baño 2020″.

O BNG solicitara ao executivo local o reforzo do servizo, ben con profesionais do socorrismo ben con persoal auxiliar, xa sexa de enfermería ou primeiros auxilios, ademais de destinar persoal municipal ao control do cumprimento das medidas para evitar contaxios.

O EXECUTIVO MUNICIPAL PIDE “RESPONSABILIDADE” AOS USUARIOS

A concelleira fixo un chamamento aos usuarios dos areais de Burela: “instamos ás usuarias das praias do noso municipio a que actúen con responsabilidade á hora de permanecer e desfrutar dos nosos areais, así como á hora de utilizar as súas instalacións e servizos, cumprindo escrupulosamente as concretas normas e medidas hixiénico-sanitarias impostas polas autoridades sanitarias” para evitar contaxios de coronavirus.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...