Burela recupera as Xeorutas e as visitas ao barco-museo; Sargadelos ábrese de novo aos visitantes

Os percorridos polos tesouros xeolóxicos do municipio burelao retomaranse o 4 de agosto, ao igual que a entrada ao boniteiro

Ruta xeolóxica en Burela. AXM

O Concello de Burela reanuda o vindeiro martes, 4 de agosto, as súas Rutas Xeolóxicas e as visitas ao barco museo Reina del Carmen, que foron suspendidas cando se produciu o brote de coronavirus na comarca. Ambas actividades volven con límite de aforo: 20 persoas como máximo para as rutas e 8 para as visitas ao barco museo.

O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, explicou que “queremos anunciar que imos reactivar as actividades turísticas que tiñamos suspendidas. A primeira Ruta Xeolóxica vaise facer o martes, 4 de agosto, e vai ser o percorrido do Perdouro. Haberá xeorutas tamén os días 6 (O Cantiño) e 8 (A Marosa)”.

AS RUTAS SUSPENDIDAS RECUPERARANSE NO OUTONO E O INVERNO

Fernández Rey declarou que “as rutas que se suspenderon intentaremos facelas máis adiante, ben nas pontes festivas que haxa de aquí a decembro ben no Nadal, pero as que había previstas en principio imos intentar desenvolvelas con total normalidade, evidentemente respectando todo o que son as medidas de seguridade e hixiene que nos están recomendando”.

O concelleiro de Turismo lembrou aos interesados que “para apuntarse, o que hai que facer é entrar no seguinte blog para facer as reservas: rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com e aí poderase facer a reserva e xa quedarán anotados para poder facer esa ruta. Vai estar limitada a asistencia en 20 persoas, o uso de máscara será obrigatorio”.

REDUCIÓN DO AFORAMENTO

O edil socialista anunciou a reapertura do barco museo Reina del Carmen, o vindeiro día 4. “Aquí sí que temos unha maior complexidade, sobre todo para gardar a distancia de seguridade, porque estamos falando dun barco que ten as súas características e as súas dimensións. En todo caso imos garantir a seguridade coa desinfección das instalacións, o uso de máscaras ou xeles hidroalcólicos”.

Os límites de aforamento pasan de dez a oito persoas. “Entendemos que é importante que pouco a pouco vaiamos retomando esa normalidade turística tamén en Burela e o que queira vir disfrutar destas dúas actividades turísticas poida facelo con toda a seguridade”, indicou o concelleiro burelao. As visitas ao barco serán de martes a domingo en horario de mañá ás 11.00, 12.00 ou 13.00 horas, e de tarde ás 17.00, ás 18.00 e ás 19.00 horas.

AS RUTAS DO PEIXE, SUSPENDIDAS

Fernández Rey tamén falou sobre as rutas do peixe: “con respecto ao que viñamos facendo todos os anos, e que era moi exitoso, como eran as Rutas do Peixe, xa decidimos e o sentimos, suspendelas definitivamente. Son un área de traballo no que nin ABSA nin o Concello estábamos moi seguros de poder cumprir con todas as normas de seguridade entonces decidimos entre as dúas partes non facelas este ano e intentaremos retomalas de cara ao ano que ben”.

Por outra banda, Sargadelos anunciou que desde o pasado mércores e ata final de verán, os visitantes á factoría de cerámica de Cervo poden completar as recentemente estreadas Experiencias Sargadelos con senllas visitas guiadas ao museo e á planta de produción. O pasado 18 de xullo abríase o centro museográfico e a taberna, que xunto coa galería e a fábrica forman as catro etapas do percorrido “polas entrañas” da firma.

A entrada ao museo, libre ou guiada, custará tres euros; os menores de doce anos entrarán gratis. Haberá guía ás 11.00, 12.00 e 16.00 horas. A visita con guía á planta de produción será en horario de mañá, despois do percorrido polo centro museográfico. Haberá descontos en consumicións na taberna para os participantes.

No que respecta á Experiencia Sargadelos completa, a entrada será de 20 euros, para grupos dun mínimo de dez persoas e dun máximo de 20. Este pack inclúe visitas guiadas e unha degustación na taberna. É imprescindible reservar un día antes.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here