Cuarto día seguido sen casos novos no brote da Mariña, con 44 positivos

Segundo o Sergas, nas últimas horas realizáronse 59 PCR, todas negativas; non se produciron altas e o número de ingresados en Burela mantense en dous

Dúas persoas toman o sol con máscaras na Rapadoira, en Foz. CARLOS CASTRO/GC/EP

O número de casos activos relacionados co brote da coronavirus que afecta á Mariña lucense sitúase en 44, os mesmos que onte, tras non ter lugar ningún caso novo e non producirse ningún alta, segundo o reconto oficial ofrecido este xoves polo Servizo Galego de Saúde (Sergas).

De acordo coa mesma fonte, o número de PCR realizadas nesta última xornada foi de 59, todas negativas.

Dos 44 casos activos, “a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve”, indica o Sergas e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días. No tocante á presión asistencial sobre o Hospital Público da Mariña, dous pacientes con Covid-19 permanecen ingresados no centro hospitalario de Burela, os mesmos ca onte.

As persoas cuxas probas deron resultado negativo permanecen en seguimento no seu domicilio. Nestes momentos hai 315 persoas confinadas, catro menos que onte.

No tocante ás residencias, non se documentan novos casos; o único positivo é o dunha traballadora do xeriátrico de Xove, onde non se localizaron máis infectados -nin entre o persoal nin entre os usuarios- logo das PCR realizadas.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here