IniciosociedadeNingún caso novo e tres altas no brote da Mariña; os positivos...

Ningún caso novo e tres altas no brote da Mariña; os positivos activos baixan a 39

As 53 PCR realizadas resultaron negativas; o número de ingresados con Covid-19 mantense en dous

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos relacionados co brote de coronavirus que afecta á Mariña sitúase en 39, tres menos que onte, tras non producirse novos casos e rexistrarse tres novas altas, segundo o reconto oficial ofrecido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas).

O número de PCR realizadas nesta última xornada foi de 53, todas negativas, de acordo coa mesma fonte.

Dos 39 casos activos, “a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve”, e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días. No tocante á presión asistencial, dúas persoas con Covid-19 atópanse ingresadas no Hospital Público da Mariña, e a súa evolución é “favorable”.

309 CONFINADOS

As persoas cuxas probas deron resultado negativo permanecen en seguimento no seu domicilio, asesorados pola Plataforma de Vixilancia Epidemiolóxica e os Servizos de Medicina Preventiva e Saúde Pública do Sergas. Nestes momentos hai 309 persoas confinadas, as mesmas ca onte.

No tocante as residencias, só hai un caso na bisbarra, o detectado días atrás no xeriátrico de Xove, dunha traballadora. As PCR realizadas a usuarios e empregados do centro de maiores San Bartolomeu non deixaron máis positivos.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...