IniciosociedadeA rede de protección social da Deputación xera máis de 300 empregos

A rede de protección social da Deputación xera máis de 300 empregos

As residencias de maiores, entre elas as de Ribadeo e Trabada, o servizo de teleasistencia no domicilio e o apoio ao SAF son os principais piares do sistema

Publicada o

- Advertisement -

A provincia de Lugo conta cunha forte rede de protección social que ten como principais piares a rede de residencias públicas para maiores abertas nos concellos de Trabada, Ribadeo, Pol e A Fonsagrada, o servizo de teleasistencia domiciliaria e o apoio ao servizo de axuda no fogar dos Concellos. Con este sistema asistencial, dependente da Deputación Provincial, favorécese o benestar social, a conciliación e xérase actividade e emprego sostible. En total, créanse máis de 300 postos de traballo malia non ter as competencias en servizos sociais, pois estas recaen na comunidade autónoma, segundo establece o Estatuto de Autonomía.

No concello de Ribadeo a institución provincial ten unha residencia de 48 prazas; no de Pol unha de 36, en Trabada outra con 30 e na Fonsagrada, un centro con capacidade para 28 usuarios. A maiores, estas dependencias ofrecen prazas de centro de día: 18 no centro de Pol, 20 no trabadense e 20 no fonsagradino. Máis información no Lugo Xornal.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...