O PSOE de Mondoñedo esixe á Xunta que cubra a praza de médico logo dunha xubilación

"Non podemos consentir que a Consellería recorte servizos nun asunto tan esencial como a atención primaria", aseguran os socialistas mindonienses

Centro de saúde de Mondoñedo.

JUAN MAYA. O PSdeG-PSOE de Mondoñedo esixe á Xunta de Galicia que se cubra a praza de médico vacante no centro de saúde da localidade, por mor da xubilación dun sanitario. Así o fixeron os socialistas mindonienses a través dun rogo presentado no pleno ordinario, celebrado na casa consistorial o pasado 31 de xullo.

“Non podemos consentir que (a Consellería de Sanidade) recorte servizos nun asunto tan esencial como a atención primaria. Merecemos unha sanidade de primeira categoría, máxime nunha situación de pandemia como a que vivimos nas últimas datas”, advertiu a voceira dos socialistas mindonienses, Esperanza González.

PANEIS INFORMATIVOS NOS PARQUES E INICIO DAS OBRAS DE ACCESO AO MIRADOR

Na mesma sesión plenaria celebrada na casa consistorial tamén presentaron un rogo para que se instalen paneis informativos coa finalidade, tal e como explicou González, de “informar a todos os usuarios do aforo de cada parque”.

Así mesmo, os socialistas tamén interpelaron ao Goberno para coñecer a data do inicio das obras de acceso ao Miradoiro de Mondoñedo. As obras de acondicionamento serán realizadas grazas á achega económica de 300.000 euros proporcionada pola Deputación de Lugo repartida en varias anualidades, coas que xa melloraron vías nas parroquias dos Remedios, Viloalle e o Carmen no ano 2019.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here