Unha alta e ningún contaxio novo para 35 casos activos no brote da Mariña

Ningunha das 45 PCR realizadas nas últimas horas resultou positiva, segundo o Sergas

Unha muller con máscara camiña en Foz. EFE/ELISEO TRIGO

O número de casos activos relacionados co brote de coronavirus que afecta á Mariña lucense sitúase en 35, un menos ca onte, logo de darse unha nova alta epidemiolóxica e non rexistrarse ningún caso novo, segundo o reconto oficial ofrecido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas).

O número de PCR realizadas nesta última xornada foi de 45, ningunha delas positiva.

Dos 35 casos activos, a maioría son “asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve”, concreta o Sergas, e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días.

Dos 35 pacientes de Covid-19 da comarca, dúas persoas atópanse ingresadas no Hospital Público da Mariña, ambas en planta, e a súa evolución é “favorable”, afirma a Consellería de Sanidade.

Do mesmo xeito, as persoas cuxas probas deron resultado negativo permanecen en seguimento no seu domicilio. Nestes momentos hai 317 persoas confinadas, catro menos ca onte.

No tocante ás residencias, documéntanse dous únicos positivos en Galicia, os dunha traballadora de Paradela e o de outra obreira do xeriátrico de Xove, onde non se localizaron máis casos despois de realizárselles probas PCR a todos os empregados e usuarios.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here