Sorteos, gastronomía e un Black Friday de catro días animarán o outono en Ribadeo

A Acisa anunciou as actividades que impulsará ata final de ano no municipio

Tenda de Ribadeo. AXM

A directiva de Acisa traballa nas campañas que desenvolverá no municipio até final do ano.

A primeira delas será o 13 de outubro, co sorteo de 1.500 euros dentro do programa que impulsa a FCAM.

Do 2 ao 4 de novembro celebrarase unha nova edición das xornadas gastronómicas Asturias en Ribadeo. O colectivo de comerciantes ribadense aspira a potenciar a hostalería con estas xornadas e render homenaxe ao pobo veciño. Así, impulsará actuacións musicais durante esa fin de semana en varios puntos de Ribadeo.

Do 22 ao 25 de novembro será a quenda do Black Friday, que durará catro días, nos que o comercio local ofrecerá descontos cos que facer fronte ás grandes plataformas on-line.

NADAL

O 1 de decembro comezará a campaña de Nadal. Durará ata o día 12, cando se celebrará a Festa do Comercio. Este último evento incluirá un sorteo de 5.000 euros en premios.

BALANCE DO VERÁN

O comercio ribadense fixo balance do verán, cun “xullo bastante frouxo e un agosto que cumpriu coas expectactivas”. Os comerciantes anotan como unha materia pendiente o mes de setembro. “Debemos traballar para mellorar o impacto turístico no comercio e nos bares”, conclúen.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here