Estabilidade no brote da Mariña, sen altas nin casos novos; o número de ingresados baixa a un

O Sergas contabiliza 35 positivos no abrocho da comarca; as 70 PCR realizadas nas últimas horas resultaron negativas

Hospital Público da Mariña. AXM

O número de casos activos relacionados co brote de coronavirus que afecta á Mariña lucense mantense en 35, igual ca onte, ao non rexistrarse casos positivos asociados ao brote nin altas epidemiolóxicas, segundo concretou este mércores o Servizo Galego de Saúde (Sergas). O número de PCR realizadas nesta última xornada foi de 70.

Dos 35 casos activos, “a maioría son asintomáticos ou presentan síntomas de carácter leve, e teñen a obriga de gardar corentena durante 14 días”, concreta o Sergas.

Unha persoa con Covid-19 atópase ingresada no Hospital Público da Mariña e a súa evolución é “favorable”.

“MÁIS DE 300” CONFINADOS

O Sergas non concreta este mércores o número de persoas cuxas probas deron resultado negativo permanecen en seguimento no seu domicilio, aquelas que están confinadas, aínda que expón que son “máis de 300“.

No tocante ás residencias, continúa unha traballadora infectada no xeriátrico de Xove, onde as probas ao resto dos obreiros e usuarios resultaron todas negativas.

BURELA SUMA 16 CONTAXIADOS

Nunha xornada na que o Sergas levantou o peche do ocio nocturno e a prohibición dos agrupamentos de persoas non convivintes maiores de dez persoas, aínda que cun máximo de 25 membros, alcalde de Burela concretou que hai 16 persoas contaxiadas no municipio, que constituíu o principal foco do brote con ata 140 contaxios. No concello burelao “non se rexistran novos casos desde o pasado 23 de xullo”, resaltou.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here