Case cen casos de coronavirus na provincia, cun ingresado na Mariña

O número de positivos na área sanitaria ascende a 99, seis máis ca onte e quince máis co pasado mércores, cos contaxios localizados no brote de Castro e no Punta do Xuncos

Probas PCR en Burela. CARLOS CASTRO/EP/GC

O número de positivos de coronavirus na provincia de Lugo ascende a 99, seis máis ca onte e quince máis co pasado mércores. Dos case cen contaxios, dez pertencen ao brote de Cospeito-Castro, e outros oito ao palangreiro Punta do Xuncos, que permanece amarrado en Burela.

Dos 99 pacientes de Covid-19 localizados na provincia, catro permanecen ingresados, todos en planta. Un deles é atendido no Hospital Público da Mariña, mentres que dous están no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) e outro no Hospital Público de Monforte. Os restantes 95 fican en seguimento domiciliario.

No tocante ás residencias, na Mariña detéctase un único caso entre o persoal do xeriátrico San Bartolomeu, de Xove. Non se localizaron máis positivos nin entre os empregados nin entre os usuarios do centro de maiores.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here