IniciosociedadeOs hostaleiros critican o "aspecto de desleixo" de Barreiros no verán

Os hostaleiros critican o “aspecto de desleixo” de Barreiros no verán

A asociación de empresarios de hostalería afirma que o goberno local non atende as súas peticións

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación de Hostelería de Barreiros critica “o aspecto de desleixo” que presentou o municipio durante a época estival. O colectivo denuncia ademais que o Concello non atende as súas peticións

A agrupación de hostaleiros barreirense expón que realizou varias solicitudes ao goberno local. Entre elas, a mellora da promoción turística por medio dun mellor posicionamento web municipal, a colocación de carteis de información turística nas praias ou a ampliación do horario de apertura da oficina de turismo municipal.

A asociación lamenta que o goberno de Barreiros, que encabeza o popular Alfonso Fuente Parga, non satisfixese ningunha destas peticións, realizadas en reunións co rexedor antes de comezar o verán. O colectivo asegura que “o aspecto de desleixo da contorna e dalgunhas instalacións, principalmente de uso turístico, enténdese como moi negativa para a promoción do concello”.

BALANCE DA ÉPOCA ESTIVAL

No tocante ao balance económico do verán, os hostaleiros barreirenses sinalan que o mes de xullo foi “peor que o ano pasado, dándose varias cancelacións de reservas de aloxamento”, o que achacan ás condicións metereolóxicas. Agosto, en cambio, deixou “boas cifras, similares ás de anos anteriores”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...