IniciosociedadePontón: "a Xunta debera explicar por que restrinxiu a mobilidade na Mariña...

Pontón: “a Xunta debera explicar por que restrinxiu a mobilidade na Mariña mentres non o fai na Coruña”

A líder do BNG reclama a declaración de estado de emerxencia sanitaria en Galicia e critica á Xunta pola "improvisación" e "ausencia de criterios homoxéneos" na xestión dos brotes

Publicada o

EFE. A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, reclamou este martes ao presidente da Xunta de Galicia en funcións, Alberto Núñez Feijóo, que declare o estado de emerxencia sanitaria en Galicia “para ter unha maior capacidade de actuación e coordinación de medios”, así como a implementación de medidas de restrición de mobilidade na área da Coruña.
“Esta medida xa se adoptou no seu momento -antes da declaración do estado de alarma– e debería recuperarse agora, xa que vai permitir mobilizar máis efectivos e coordinar mellor a resposta ante a evolución da Covid-19 no noso país”, apuntou Pontón nunha rolda de prensa ofrecida no Parlamento de Galicia.

ESIXE LIMITAR OS MOVEMENTOS NA ÁREA CORUÑESA E “TESTS MASIVOS”

A líder nacionalista emprazou ao Executivo autonómico a deixar de “poñerse de perfil” e a tomar “medidas contundentes de carácter preventivo”, en especial na Coruña, onde son necesarias “novas restricións” e a realización de “tests masivos“, opinou.
“A propia Xunta de Galicia recoñece que hai transmisión comunitaria polo que é irresponsable seguir sen facer nada e manter as medidas que hai ata o de agora; as decisións de hoxe serán as que salvagarden e eviten os contaxios de mañá”, proseguiu.

A XUNTA NEGABA UNHA TRANSMISIÓN COMUNITARIA DO VIRUS NA COMARCA QUE ADMITIRÍA MÁIS TARDE

Do mesmo xeito, a líder da oposición criticou a “improvisación” e a ausencia de “criterios claros e homoxéneos”, tendo en conta que “habería que explicar” por que se restrinxiu a mobilidade na Mariña o pasado mes de xullo “con 106 casos activos e sen transmisión comunitaria” mentres que na Coruña “non se fai nada con máis de 800 casos -921 segundo os últimos datos-“. O Goberno autonómico insistiu varias veces ante os medios de comunicación en que non había transmisión oculta do virus na comarca, cuestión que si admitiría despois.

FEIJÓO RESPONSABILIZA “A CONCELLOS, POLICÍAS LOCAIS E VECIÑOS”

Por último, Pontón afeou que Núñez Feijóo “non ten tanto interese en comparecer agora que ten competencias plenas“, á vez que “responsabiliza a Concellos, Policías Locais e cidadanía”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...