IniciosociedadeO comercio do casco histórico de Viveiro despide o verán con dous...

O comercio do casco histórico de Viveiro despide o verán con dous días de descontos

A campaña celebrarase os días 24 e 25 de agosto e a asociación de comerciantes disporá fío musical nas rúas para animar o ambiente

Publicada o

- Advertisement -

Os vindeiros luns 24 e martes 25 de agosto, o Centro Comercial Histórico de Viveiro (CCHV) celebrará unha campaña con descontos baixo o nome ‘La tormenta del verano‘.

Trátase dunha campaña de dous días de duración na que moitos dos comercios asociados farán grandes descontos en moreas de produtos para despedir o verán. As persoas que se se acheguen ás tendas do casco histórico de Viveiro poderán gozar de importantes
rebaixas en prendas de vestir, calzado, roupa de deporte, complementos, moda infantil e
xuvenil, xoguetes, alimentación e un longo etcétera.

O CCHV sinala que “para gozar ao 100% do comercio viveirense suxerimos que se aproveite a ocasión para desfrutar das terrazas, a gastronomía e o ambiente de verán que se respira na vila coas rúas ambientadas co fío musical do CCHV”.

Desde a asociación de comerciantes remarcan que “os comercios asociados cumpren coas normativas hixiénico-sanitarias e de aforo para garantir unhas compras seguras. E
solicitamos, igualmente, a colaboración da cidadanía para facer o comercio local aínda máis
seguro: desinfectando as mans antes de entrar nos establecementos, mantendo a distancia de seguridade e empregando a máscara“, conclúen.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...