IniciosociedadeA xustiza obriga á residencia de San Cibrao a readmitir a unha...

A xustiza obriga á residencia de San Cibrao a readmitir a unha traballadora despedida

Mensajeros de la Paz deberá indemnizar á demandante e volver a contratala, algo que para o SAE é unha proba máis das “disfuncións e irregularidades” que hai no centro

Publicada o

O Xulgado do Social Nº 2 de Lugo comunicou este mércores unha sentenza na que se recoñece a nulidade do despedimento e a obrigación de readmisión inmediata dunha profesional Técnico en Coidados de Enfermaría (TCE) no centro de día-residencia de San Cibrao. Así mesmo, deberán pagar tamén á traballadora demandante o abono dos salarios deixados de percibir ademais dunha indemnización de 6.000 euros. Así o informou o Sindicato de Técnicos de Enfermería (SAE), responsable da asesoría xurídica e da defensa legal da traballadora. Dende a organización comparten que se trata dunha sentenza que xa “é firme”, posto que a empresa “non presentou recurso” e consideran que supón “unha nova proba” das “disfuncións e irregularidades na xestión do réxime disciplinario e a política de xestión dos recursos humanos da Residencia Centro de día San Cibrao, que xestiona Mensajeros de la Paz”.

O SINDICATO CRITICA A XESTIÓN DO REXIME DISCIPLINARIO “EXCESIVA” DA DIRECTIVA

O sindicato critica a xestión do rexime disciplinario dos traballadores no centro que leva a cabo “de forma non apropiada, excesiva e mesmo non axustada a dereito como o despedimento, agora anulado, a unha traballadora tras presentar candidatura a un proceso legalmente establecido”. Desde SAE agardan que a dirección da residencia “modifique definitivamente o seu modo de proceder e de xestionar os recursos humanos”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...