Unha alumna do IES de Foz participa dunha beca Erasmus nun hotel de Hungría

Ana Peña formarase nun período de prácticas de catro meses no Exe Danube de Budapest

Maseda e Peña, no centro, con representantes do Exe Danube de Budapest.
Unha alumna recén titulada do ciclo medio de Cociña do IES de Foz, Ana Peña, iniciou un período de prácticas de catro meses no Hotel Exe Danube de Budapest.

BOLSA DE LONGA DURACIÓN

Esta mobilidade englóbase dentro da beca de alumnado Erasmus Pro do programa KA102 HIFE, concedido ao centro educativo focego en xuño. Estas bolsas, de longa duración, inclúen 360 euros para desprazamento e outros 4.318 en concepto de estadía.
Durante os primeiros días, Peña estará acompañada pola profesora Leticia Maseda, que, dentro dunha Beca Erasmus de acompañamento, axudará a alumna a instalarse na cidade.

DESENVOLVEMENTO LABORAL E VITAL

O obxectivo desta actividade é aumentar a experiencia laboral da alumna e mellorar as súas perspectivas profesionais, ademais de potenciar a súa personalidade e autoestima e os coñecementos en idiomas estranxeiros, coma o inglés.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here