A Xunta acondiciona a piscina e renova a iluminación do campo de fútbol de Mondoñedo

O investimento da secretaría xeral para o Deporte nestas obras ascenderá a 30.000 euros

Visita ao campo Viñas da Veiga. AXM

Remataron as obras realizadas pola Xunta de Galicia no recinto Viñas da Veiga de Mondoñedo, que inclúe o campo de fútbol e a piscina municipal. O investimento ascendeu a 30.000 euros.

No campo de fútbol, a mellora constistiu nunha nova instalación de iluminación completa, cambiando os proxectores do cableado e o cadro de protección.

PISCINA

No tocante á piscina municipal, repúxose o gres solto e desprendido durante o inverno, con pezas de cerámica de iguais medidas e características ás existentes, repicando a cerámica e o morteiro contaminado previamente e rexuntando de novo todo o vaso da piscina.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here