IniciosociedadeCorenta e un positivos máis na provincia, con 57 casos novos e...

Corenta e un positivos máis na provincia, con 57 casos novos e 16 altas

No tocante á presión hospitalaria, hai 13 ingresados con Covid-19 na área sanitaria lucense, un máis ca onte; dous deles fican en coidados intensivos

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo segue en aumento. Segundo o reconto ofrecido este xoves polo Servizo Galego de Saúde (Sergas), documéntanse un total de 482 positivos na área sanitaria lucense, 41 máis ca onte. Son, en realidade, 57 casos novos con respecto da anterior actualización, dado que nas últimas 24 horas déronse 16 altas.

No tocante á presión hospitalaria, hai 13 ingresados con Covid-19, un máis ca onte. Dous pacientes están na Unidade de Coidados Intensivos (Uci) do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) e once en planta, dez neste mesmo centro hospitalario e un en Monforte. Un total de 469 doentes son atendidos en domicilio.

No histórico da provincia documéntanse 33 falecementos, seis deles na Mariña, ademais dunha sétima vítima mortal que morreu na Uci de Burela tras ingresar por Covid-19 e superar a doenza no seu período na unidade de críticos. Déronse 1.323 altas e o número de casos acumulados ascende a 1.838.

Nas residencias da Mariña Lucense localízase un único positivo, o dunha traballadora do xeriátrico San Bartolomeu de Xove. Non se detectaron máis casos nin entre o persoal nin entre os usuarios. No xeriátrico do Inicio hai 113 positivos entre empregados e residentes.

141 CASOS MÁIS EN GALICIA, PARA 2.939

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.939: deles 1.304 son da área da Coruña, 482 da de Lugo, 266 da de Ourense, 179 da de Pontevedra, 185 da área de Vigo, 404 da de Santiago, e 119 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 12 están en Uci, 95 en unidades de hospitalización e 2.832 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.183 persoas curadas, rexistrándose 635 falecementos. O número de PCR realizadas é de 317.307.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...