IniciosociedadeMondoñedo disporá nos vindeiros días dun novo aparcadoiro para quitar os coches...

Mondoñedo disporá nos vindeiros días dun novo aparcadoiro para quitar os coches do casco histórico

O Goberno central informou do remate das obras de acondicionamento de tres parcelas na travesía Casas Novas, cun investimento de case 130.000 euros

Publicada o

- Advertisement -

Mondoñedo contará nos vindeiros días cun novo aparcadoiro dunhas cen prazas no casco histórico. Así o informou a subdelegada do Goberno central, Isabel Rodríguez, que comunicou a finalización dos traballos de acondicionamento de tres parcelas situadas na travesía Casas Novas, cun investimento de 128.120 euros. Tralo remate das obras, está prevista a entrega das instalacións a finais de mes.

Trátase dunha actuación de acondicionamento de tres parcelas para un aparcadoiro no número 3 da travesía Casas Novas, nunha zona próxima ao casco histórico de Mondoñedo, desenvolvida pola Dirección xeral de Arquitectura, Vivenda e Solo do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. A súa importancia radica, remarca o Executivo estatal, en que axuda a paliar a ausencia de alternativas para aparcar nas proximidades do centro da localidade.

O proxecto ten por obxecto facilitar unha alternativa de aparcamento próxima ao centro para evitar que os vehículos aparquen nas rúas do Conxunto Histórico mindoniense.

A intervención, sinala Rodríguez, “fíxose co menor impacto visual posible e incluíu o axardinamento e plantación dos espazos libres con especies de árbores autóctonas, así como ainstalación de alumeado público e recollida de pluviais. Tamén inclúe a instalación de sinalización vertical de información, desde os accesos á cidade ata o aparcamento, así como de regulación da circulación no interior do mesmo, que será nunha única dirección.

A subdelegada do Goberno destacou “o compromiso do ministro de Transportes, Mobilidade de Axenda Urbana José Luis Ábalos”, agradecendo “a súa vontade” para axilizar a obra a pesar da pandemia da Covid-19 e facer posible a súa entrega no periodo estival, a época de maior afluencia á zona.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...