IniciosociedadeA Deputación suspende visitas e saídas nas residencias de Trabada e...

A Deputación suspende visitas e saídas nas residencias de Trabada e Ribadeo

O goberno provincial tomou esta determinación tras unha reunión da comisión de seguimento dos xeriátricos. "Seguimos coa nosa política de anticipación e cremos que debe primar a prudencia sempre que estea ao noso alcance", defendeu Tomé.

Publicada o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo suspendeu as visitas e as saídas nas residencias da súa rede, que están en Ribadeo, Trabada, Pol e A Fonsagrada, ante os brotes que se están rexistrando na provincia, informou este sábado nun comunicado, no que indica que a medida está en vigor desde o venres.

O presidente do ente provincial, José Tomé Roca, pediu “comprensión” tanto aos usuarios como ás familias pola decisión, que xustificou para non pór “en risco” aos maiores. “É preferible prohibir e limitar o acceso agora que máis tarde ter que lamentar consecuencias maiores”, dixo.

A Deputación tomou esta determinación tras unha reunión da comisión de seguimento das residencias provinciais. “Seguimos coa nosa política de anticipación e cremos que debe primar a prudencia sempre que estea ao noso alcance“, defendeu.

Tomé Roca pediu á Xunta que, dada a situación actual, faga probas de detección da covid-19 aos residentes e aos traballadores dos centros da Deputación para detectar posibles asintomáticos.

O presidente do ente provincial destacou que opta por “adiantarse”, xa que Sanidade non pediu o peche destes centros e a decisión é “propia” para previr contagios.

A decisión foilles notificada de forma persoal aos usuarios e ás súas familias, aos que se pide “comprensión” nunha situación que “non é fácil”. “Pero hai que ser conscientes de que a mellor pauta que se pode seguir para facerlle fronte ao virus é a distancia social”, argumentou.

PIDE “COMPRENSIÓN” AOS FAMILIARES

Os maiores que se atopan en residencias son as persoas “máis vulnerables” á enfermidade, xunto ás que padecen patoloxías previas, engadiu e indicou que se reforzarán as videollamadas e as chamadas e que se están sopesando “novas fórmulas de encontro” para que os usuarios “manteñan un contacto constante cos seus seres queridos”.

En calquera caso, apuntou que a Deputación xa estaba a aplicar protocolos “moi rigorosos” para as visitas do exterior nos centros xeriátricos. Cada residencia irá “evolucionando segundo as circunstancias sanitarias da zona na que se atopa” e seguiranse os protocolos que indique Sanidade, engadiu.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...