IniciosociedadeO número de ingresados con Covid-19 na provincia sobe de 21 a...

O número de ingresados con Covid-19 na provincia sobe de 21 a 32 en 24 horas, cun hospitalizado na Mariña

O Sergas contabiliza 733 casos activos, con 61 positivos novos e tres altas; os falecidos polo brote na residencia do Inicio elévanse a sete

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo ascende a 733, 58 máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este luns polo Sergas. O número de contaxios novos é de 61 nas últimas 24 horas, período no que se deron tres altas.

Dos 733 contaxiados, hai 32 ingresados, 11 máis ca onte; deles, 31 están no HULA -tres na Uci- e un permanece nunha planta do Hospital Público da Mariña. Un total de 701 pacientes son atendidos en domicilio.

No histórico da provincia documéntanse 37 falecementos –seis na Mariña despois dunha nova morte -a sétima- na residencia do Incio. Desde o inicio da pandemia déronse 1.356 altas e o número de casos acumulados alcanza os 2.126.

No tocante ás residencias, na Mariña documéntase un único caso, o dunha traballadora do xeriátrico San Bartolomeu de Xove. Non houbo máis positivos nin entre o persoal nin entre os usuarios. Nos centros de maiores da provincia localízanse os seguintes casos:

MAIORES

89 Residencia O Incio (O Incio)

18 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

TRABALLADORES

1 Residencia DomusVi Monforte (Monforte de Lemos)

27 Residencia O Incio (O Incio)

5 Residencia Domusvi Lugo (Outeiro de Rei)

1 Residencia Municipal Paradela

1 Residencia de Maiores San Bartolomeu (Xove)

643 FALECEMENTOS EN GALICIA, CON 156 CASOS MÁIS

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.640 deles 1.392 son da área da Coruña, 730 da de Lugo, 340 da de Ourense, 226 da de Pontevedra, 237 da área de Vigo, 582 da de Santiago, e 133 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 17 están en Uci, 124 en unidades de hospitalización e 3.499 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 12.671 persoas curadas, rexistrándose 643 falecementos. Os dous últimos falecidos foron un varón de 90 anos, que estaba ingresado no HULA; e unha muller de 89 anos, que estaba ingresada no Hospital de Cee. Ámbolos dous tiñan patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 335.554.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...