A Valedora admite a trámite a queixa polas fallas de internet e telefonía en dúas aldeas de Mondoñedo

A institución require nun prazo de 15 días información ao Concello, Movistar e Amtega sobre os problemas que motivan a denuncia

Torre de reemisión. AXM

A Valedora do Pobo admitiu a trámite a queixa presentada por unha veciña da aldea de Estelo referida ás fallas de internet e telefonía neste lugar de Mondoñedo e tamén no veciño núcleo de Tronceda.

A institución para a defensa dos dereitos da cidadanía entende que a queixa “reúne os requisitos formais” e “atopa cobertura constitucional” e concreta que iniciou “as actuacións oportunas ante Concello de Mondoñedo, Movistar e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica (Amtega)”.

“En concreto, requerímoslles que no prazo de 15 días nos faciliten información sobre os problemas que motivan a queixa”, indica a Valedora.

As aldeas de Estelo e Tronceda, con 22 casas, padecen constantes eivas de telefonía e servizo de internet, que os veciños criticaron en reiteradas ocasións, tamén durante o confinamento por mor do estado de alarma decretado para evitar contaxios de coronavirus.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here