IniciosociedadeCase 1.100 persoas visitaron a oficina de turismo de Burela en agosto...

Case 1.100 persoas visitaron a oficina de turismo de Burela en agosto tras un xullo “perdido” polo brote

O confinamento do municipio, illado do resto de Galicia e España desde o 5 de xullo e tamén da propia comarca desde o 10 ao 22, "prexudicounos moitísimo", afirma o goberno local

Publicada o

- Advertisement -

O concelleiro de Turismo de Burela, Ramiro Fernández Rey, fixo un balance “positivo” do mes de agosto, no que 1.089 visitantes pasaron pola oficina turística da vila. O edil amosouse “relativamente satisfeito” cos datos dun verán marcado polo Covid-19, e especialmente polo brote que padeceu o municipio no mes de xullo.

Fernández dixo que “evidentemente foi un ano especial, temos que ter en conta que o mes de xullo foi practicamente perdido debido ao confinamento que sufrimos aquí en Burela, que a verdade que nos prexudicou moitísimo a nivel turístico e evidentemente os números non son os que esperábamos nin moito menos. De feito, as expectativas para este ano eran que seguísemos medrando nunha porcentaxe importante, pero a pandemia está condicionando toda a nosa vida e evidentemente o turismo tamén”, argumentou.

A Xunta decretou o pasado 5 de xullo o peche -restrinxidas as entradas e saídas agás con motivo xustificado- dos 14 municipios do distrito sanitario, unha medida que se intensificou en Burela o día 10, quedando o concello illado, e que sería prorrogada ata o 22 dese mes. Nesa mesma mensualidade do ano 2019, alomenos 2.000 visitantes pasaran polo municipio.

O edil socialista manifestou que “en todo caso, no mes de agosto estamos relativamente satisfeitos coa ocupación que tivemos aquí en Burela e coas visitas. Tivemos 1.089 rexistros na oficina de turismo. É un número inferior ao del ano pasado, pero tendo en conta as circunstancias estamos relativamente satisfeitos. Desas 1.089 visitas 268 pernoctaron en Burela, o que supón o 25% das consultas realizadas. Iso quere dicir que a xente non se queda nun so lugar da Mariña, móvese dun lado para outro, e tenta coñecer varios sitios da comarca”, expuxo.

PROCEDENCIAS

No tocante ás procedencias dos visitantes, o concelleiro de Turismo dixo que “da maioría das visitas, un 42%, eran da Comunidade de Madrid. Tamén destacar a presenza de visitantes do País Vasco e tamén tivemos moitas visitas de Castela-León. Basicamente eses son os grupos que máis nos visitan, incluídos tamén os galegos”, precisou.

Fernández Rey engadiu que “este foi un ano especial, no que houbo que capear o temporal como puidemos e esperamos poder traballar de cara ao ano que ven, esperando que á pandemia se lle poña solución, que seguramente vai ser bo para todos, e esperamos que no 2021 as expectativas melloren e vamos a traballar xa de cara ao ano que ven, facendo campañas potentes para poder atraer outra vez o turismo que estaba habendo aquí nestes últimos anos”. O edil burelao finalizou lembrando as festividades que non puideron realizarse: “esperemos que as festas, como a Feira do Bonito, que no se puideron celebrar, poidan celebrarse no 2021”, rematou.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...