IniciosociedadeO BNG propón un proxecto de recuperación "ambiental e paisaxística" do parque...

O BNG propón un proxecto de recuperación “ambiental e paisaxística” do parque Pernas Peón

Os nacionalistas avogan por un plan que reflexe o deseño e ordenación deste espazo, a tipoloxía de plantas e árbores que se van plantar os equipamentos e servizos que vai ter

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Viveiro levará a pleno unha moción para a creación dun “proxecto de recuperación” para o parque Pernas Peón.

O grupo nacionalista viveirense asegura que o espazo “foi durante décadas un espazo de descanso e ocio para varias xeracións de Viveiro, mais por desgraza deixou de selo pola inexistencia de políticas municipais medioambientais así como de plans de mantemendo e conservación do mesmo”. Unha situación, argumenta, que se “agravou” pola tala realizada en primavera do 2018, unha actuación “sen ningún tipo de estudo nin planificación”, critica a formación frontista.

O BNG viveirense alerta da “desaparición total da vexetación media-baixa tipo arbustos, plantas e flores, como tamén a caída constante de árbores e ramas co máis mínimo vendaval, obrigando a estar balizándoo cada pouco para evitar desgrazas”. A formación frontista tamén censura a “falta de mantemento” nas zonas de paso, de lecer e de ocio. Tamén se perderon “monumentos“, alega o Bloque viveirense, ao reubicarse “na Praza de Lugo o monumento a Díaz Freijo ou os canóns da fragata Magdalena situados agora nos Xardíns Noriega Varela“.

Por todo isto, os nacionalistas viveirenses propoñen unha moción que consta de tres puntos.

Primeiro, “a elaboración dun proxecto de recuperación ambiental e paisaxística para o emblemático parque municipal Pernas Peón, que contemple a eliminación das árbores en mal estado, reflexe o deseño e ordenación deste espazo así como a tipoloxía de plantas, árbores e elementos vexetais que se van a plantar no mesmo, os equipamentos e servizos que vai ter, incluíndo un plan de conservación e mantemento para evitar o seu abandono e desertización nun futuro”, expón a concelleira nacionalista, Míriam Bermúdez.

CIRCUÍTO DEPORTIVO

Tamén, a “creación dun circuito perimetral en terra batida que permita a práctica deportiva, ben sexa andar, correr ou bicicleta, así como para o uso e desfrute de adolescentes e crianzas. Tal e como teñen outras zonas verdes do Concello como é o espazo de en fronte á Piscina Municipal, constatando que non impide para nada outras actividades senón que abre todo un abanico de posibilidades para a veciñanza”, indica o BNG viveirense.

SKATE PARK

Finalmente, “estudar a posibilidade da creación dun Skate Park, dado que na actualidade non hai sitio para a práctica deste deporte no concello, podéndose aproveitar a parte que está máis perto da residencia DomusVi. Un lugar que leva décadas sen poderen utilizarse ao contar cunha caseta abandonada e un burato que podia aproveitarse como parte destas instalacións. A falta de lugares para a práctica deste deporte está a provocar o deterioro doutros que non están destinados para este uso, creando tamén confrontacións entre viandantes e persoas sobre patíns”, conclúe a iniciativa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...