IniciosociedadeSoben a dous os ingresados por Covid-19 na Mariña nunha xornada con...

Soben a dous os ingresados por Covid-19 na Mariña nunha xornada con tres mortes na provincia

Nas últimas 24 horas localizáronse 31 novos casos e déronse 33 altas, pero a presión hospitalaria na área lucense aumentou en nove pacientes para un total de 44

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo descendeu a 796, dous menos ca onte, segundo o reconto oficial ofrecido este venres polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Con todo, se se ten en conta que nas últimas 24 horas se deron un total de 33 altas, dedúcese tamén que se localizaron 31 contaxios novos.

Dos 796 positivos, 44 permanecen ingresados, nove máis ca onte. Corenta e un deles fican no HULA, tres en coidados intensivos. Outros dous son atendidos no Hospital Público da Mariña, e un no centro hospitalario de Monforte, todos en planta. Hai 752 pacientes en domicilio.

Nas últimas 24 horas producíronse outros tres falecementos na provincia de Lugo, todos de residentes do xeriátrico do Incio, onde xa morreron doce maiores. Así, no histórico da provincia documéntanse 45 falecementos. Seis das vítimas mortais do virus na área lucense desde o inicio da pandemia eran da Mariñasete se se ten en conta que un varón faleceu na Uci de Burela tras ingresar polo virus e superar a doenza no seu período na unidade de críticos. Déronse 1.441 altas e o total de casos acumulados ascende a 2.282.

No tocante ás residencias, documéntase un único caso na Mariña, o dun traballador do xeriátrico San Bartolomeu de Xove. Non houbo máis contaxios nin entre os usuarios nin entre os empregados do centro de maiores xovense. Os casos localizados na provincia de Lugo son os seguintes:

MAIORES

84 Residencia O Incio (O Incio)

43 Residencia DomusVi Lugo

TRABALLADORES

1 Residencia DomusVi Monforte (Monforte de Lemos)

34 Residencia O Incio (O Incio)

8 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

1 Residencia de Maiores San Bartolomeu (Xove)

656 FALECEMENTOS EN GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.082, 91 máis ca onte; deles 1.445 son da área da Coruña, 796 da de Lugo, 412 da de Ourense, 279 da de Pontevedra, 327 da área de Vigo, 673 da de Santiago, e 150 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 15 están en UCI, 171 en unidades de hospitalización e 3.896 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 13.200 persoas curadas, rexistrándose 656 falecementos. As catro últimas persoas falecidas foron dúas mulleres de 84 e 62 anos, que estaban ingresadas no HULA e no CHUAC, respectivamente; e dous homes de 88 e 59 anos, ambos ingresados no HULA. Todos eles presentaban patoloxías previas.O número de PCR realizadas é de 354.273.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...