IniciosociedadeTrinta casos novos e 24 altas na provincia para 816 positivos, 60...

Trinta casos novos e 24 altas na provincia para 816 positivos, 60 deles ingresados

O Hospital da Mariña atende a tres pacientes con Covid-19, todos en planta; os cinco doentes da área sanitaria en coidados intensivos permanecen no HULA

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo ascende a 816, seis máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este luns polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas localizáronse 30 positivos novos e déronse 24 altas.

Dos 816 contaxiados da área de Lugo, Burela e Monforte, 60 están ingresados. Deles, 45 permanecen no HULA -cinco en coidados intensivos– e outros dez no Polusa. No Hospital da Mariña hai tres pacientes con Covid-19, todos en planta, e dous en Monforte, tamén en unidades de hospitalización.

Despois de que na xornada de onte faleceran residentes dos xeriátricos de Outeiro de Rei e O Incio -onde se acumulan xa 15 vítimas mortais-, o total histórico de mortes de persoas con Covid-19 na provincia de Lugo elévase a 50.

Seis das vítimas mortais do virus na área lucense desde o inicio da pandemia eran da Mariñasete se se ten en conta que un varón faleceu na Uci de Burela tras ingresar polo virus e superar a doenza no seu período na unidade de críticos. Déronse 1.546 altas e o total de casos acumulados ascende a 2.412.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias, na Mariña documéntase un único caso, o dunha traballadora do xeriátrico San Bartolomeu de Xove. Non se localizaron máis positivos nin entre o persoal nin entre os usuarios. O resto dos contaxios segundo a estatística oficial da provincia son os seguintes:

USUARIOS

81 Residencia O Incio (O Incio)

45 Residencia DomusVi Lugo

TRABALLADORES

1 Residencia DomusVi Monforte (Monforte de Lemos)

33 Residencia O Incio (O Incio)

9 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

1 Residencia de Maiores San Bartolomeu (Xove)

NOVO FALECEMENTO EN GALICIA PARA UN TOTAL DE 662

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.243, 68 máis ca onte; deles 1.434 son da área da Coruña, 816 da de Lugo, 459 da de Ourense, 343 da de Pontevedra, 344 da área de Vigo, 688 da de Santiago, e 159 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 21 están en Uci, 194 en unidades de hospitalización e 4.028 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 13.792 persoas coa alta, rexistrándose 662 falecementos. A última persoa falecida foi un varón de 90 anos, que estaba ingresado no CHUS, e presentaba patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 367.340.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...