IniciosociedadeA provincia acumula o 87% dos maiores positivos nas residencias galegas; 94...

A provincia acumula o 87% dos maiores positivos nas residencias galegas; 94 novos casos en Outeiro

Nas últimas 24 horas, segundo o reconto do Sergas, déronse 33 altas e localizáronse 15 casos novos; a cifra de ingresados baixa a 50, tres deles atendidos no Hospital da Mariña

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixou a 801, 15 menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este martes polo Sergas. Dende a anterior actualización localizáronse 18 positivos novos e déronse un total de 33 altas. Con todo, a Consellería de Sanidade confirmou nesta mesma xornada 99 positivos -94 de maiores e catro de empregados- na residencia de Domusvi en Outeiro de Rei, polo que a cifra real -que se actualizará o vindeiro mércores- alcanza os 900 contaxios.

Dos 801 casos contabilizados polo Sergas, hai 54 ingresados. Deles, 39 permanecen no HULA -catro en coidados intensivos, os únicos en situación crítica en toda a área lucense- e dez no Polusa. Tres dos pacientes son atendidos no Hospital Público da Mariña e dous no centro hospitalario de Monforte, todos en planta. Un total de 747 doentes fican nos seus domicilios.

No histórico da provincia documentáronse desde o inicio da pandemia 50 falecementos. Seis das vítimas mortais do virus na área lucense desde o inicio da pandemia eran da Mariñasete se se ten en conta que un varón faleceu na Uci de Burela tras ingresar polo virus e superar a doenza no seu período na unidade de críticos. Déronse 1.579 altas e o total de casos acumulados ascende a 2.430.

No tocante ás residencias, na Mariña hai un único caso, o dunha traballadora do xeriátrico San Bartolomeu de Xove. Non houbo máis positivos nin entre o persoal nin entre os usuarios. Trala localización de 94 novos casos en Outeiro de Rei, a provincia de Lugo acumula o 87% dos residentes infectados nos centros de maiores galegos.

USUARIOS (253 en Galicia)

81 Residencia O Incio (O Incio)

139 Residencia DomusVi Lugo

TRABALLADORES (74 en Galicia)

1 Residencia DomusVi Monforte (Monforte de Lemos)

33 Residencia O Incio (O Incio)

14 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

1 Residencia de Maiores San Bartolomeu (Xove)

GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.230, tres menos ca onte; deles 1.413 son da área da Coruña, 801 da de Lugo, 467 da de Ourense, 371 da de Pontevedra, 346 da área de Vigo, 662 da de Santiago, e 170 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 22 están en Uci, 187 en unidades de hospitalización e 4.021 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 13.965 persoas curadas, rexistrándose 663 falecementos. O número de PCR realizadas é de 369.998.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...