A provincia acumula 123 positivos máis para 920, dous deles ingresados no Hospital da Mariña

Nas últimas 24 horas déronse 23 altas, polo que o número de contaxios novos nese mesmo período é de 146, a maioría deles localizados na residencia de Outeiro de Rei

Unha traballadora sae da residencia Domusvi en Outeiro de Rei. EFE/ELISEO TRIGO

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo experimentou un notable aumento con respecto á anterior actualización; son 920, 123 máis ca onte. O crecemento explícase en parte pola localización duns cen positivos novos na residencia de Outeiro de Rei. Nas últimas 24 horas déronse 23 altas, polo que o número de contaxios novos nese mesmo período é de 146.

Dos 920 positivos, hai 65 ingresados, once máis ca onte. A presión hospitalaria redúcese no Hospital Público da Mariña, con dous pacientes con Covid-19, un menos. Outros dous doentes permanecen no centro hospitalario de Monforte, 17 no Polusa e os restantes 44 -entre eles, as catro únicas persoas en coidados intensivos– no HULA. Un total de 855 casos fican nos seus domicilios.

No histórico da provincia documéntanse 54 falecementos, o último o dun home de 71 anos ingresado no HULA. Seis das vítimas mortais do virus na área lucense desde o inicio da pandemia eran da Mariñasete se se ten en conta que un varón faleceu na Uci de Burela tras ingresar polo virus e superar a doenza no seu período na unidade de críticos. Déronse 1.602 altas e o total de casos acumulados ascende a 2.576.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias, na Mariña hai un único caso, o dunha traballadora do xeriátrico San Bartolomeu de XoveNon houbo máis positivos nin entre o persoal nin entre os usuarios. Os contaxios localizados na provincia son os seguintes:

USUARIOS

78 Residencia O Incio (O Incio)

142 Residencia DomusVi Lugo, catro máis

TRABALLADORES

1 Residencia DomusVi Monforte (Monforte de Lemos)

30 Residencia O Incio (O Incio)

24 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei), dez máis

1 Residencia de Maiores San Bartolomeu (Xove)

668 FALECEMENTOS EN GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.364 (134 máis); deles 1.424 son da área da Coruña, 920 da de Lugo, 462 da de Ourense, 379 da de Pontevedra, 344 da área de Vigo, 659 da de Santiago, e 176 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 25 están en Uci, 181 en unidades de hospitalización e 4.158 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 14.158 persoas curadas, rexistrándose 668 falecementos. As dúas últimas persoas falecidas en centros hospitalarios foron dous homes de 81 e 71 anos que estaban ingresados no CHUS e no HULA (o anteriormente mencionado), respectivamente. Ambos presentaban patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 374.635.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here