IniciosociedadeSetenta e sete altas e 51 novos contaxios na provincia para 894...

Setenta e sete altas e 51 novos contaxios na provincia para 894 casos, un deles no Hospital da Mariña

Baixa a presión asistencial por Covid-19 en Burela; do total de infectados da área de Lugo, Burela e Monforte hai tres pacientes en coidados intensivos, os tres no HULA

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo experimentou nas últimas 24 horas un leve descenso, con 26 positivos menos para un total de 894, segundo o reconto ofrecido este xoves polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Con todo, neste período déronse 77 altas, o que significa que se localizaron 51 novos contaxios.

Dos 894 infectados, hai 66 ingresados. A presión asistencial no Hospital da Mariña baixa a un hospitalizado, con tres pacientes en Monforte, 18 no Polusa e 44 no HULA, tres deles na Uci -os únicos en coidados intensivos da área lucense-. Un total de 828 doentes permanecen nos domicilios.

No histórico da pandemia documentáronse na provincia 55 falecementosSeis das vítimas mortais do virus na área lucense desde o inicio da pandemia eran da Mariñasete se se ten en conta que un varón faleceu na Uci de Burela tras ingresar polo virus e superar a doenza no seu período na unidade de críticos. Déronse 1.679 altas e o total de casos acumulados ascende a 2.627.

No tocante ás residencias, na Mariña hai un único caso, o dunha traballadora do xeriátrico San Bartolomeu de XoveNon houbo máis positivos nin entre o persoal nin entre os usuarios. Os contaxios localizados na provincia son os seguintes:

MAIORES

77 Residencia O Incio (O Incio)

142 Residencia DomusVi Lugo

TRABALLADORES

1 Residencia DomusVi Monforte (Monforte de Lemos)

31 Residencia O Incio (O Incio)

24 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

1 Residencia de Maiores San Bartolomeu (Xove)

672 FALECEMENTOS EN GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.358 (seis menos); deles 1.407 son da área da Coruña, 894 da de Lugo, 473 da de Ourense, 402 da de Pontevedra, 348 da área de Vigo, 658 da de Santiago, e 176 da de Ferrol. Do total de pacientes positivos, 25 están en Uci, 184 en unidades de hospitalización e 4.149 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 14.434 persoas curadas, rexistrándose 672 falecementos. A última persoa falecida foi unha muller de 78 anos que estaba ingresada no Hospital Álvaro Cunqueiro e presentaba patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 380.003.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...