Redúcese o ritmo de contaxio do coronavirus na provincia, con 19 casos novos e 58 altas

Dos 855 positivos da área de Lugo, Burela e Monforte, 69 permanecen ingresados, un no Hospital Público da Mariña

Ambulancia. EFE/ELISEO TRIGO

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixan a 855, 39 menos ca onte, segundo o reconto oficial ofrecido polo Servizo Galego de Saúde (Sergas). Nas últimas 24 horas déronse 58 altas, polo que os positivos novos localizados neste mesmo período foron un total de 19.

Dos 855 positivos da provincia, hai 69 ingresados. No Hospital Público da Mariña permanece un paciente con Covid-19, outros tres fican en Monforte e 17 no Polusa, todos eles en planta. No HULA están hospitalizados 48 doentes, catro deles na Uci. Un total de 786 contaxiados permanecen nos seus domicilios.

A provincia de Lugo segue a sumar falecementos no seu histórico, con dous máis desde a anterior actualización para un total de 57. O último, un home de 73 anos ingresado no Polusa.

Seis das vítimas mortais do virus na área lucense desde o inicio da pandemia eran da Mariñasete se se ten en conta que un varón faleceu na Uci de Burela tras ingresar polo virus e superar a doenza no seu período na unidade de críticos. Desde o inicio da pandemia déronse 1.737 altas e acumuláronse 2.649 positivos.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias, na Mariña hai un único caso, o dunha traballadora do xeriátrico San Bartolomeu de XoveNon houbo máis positivos nin entre o persoal nin entre os usuarios. Os contaxios localizados na provincia son os seguintes:

MAIORES

1 Residencia Castro Ribeiras do Lea

77 Residencia O Incio (O Incio)

141 Residencia DomusVi Lugo

TRABALLADORES

31 Residencia O Incio (O Incio)

22 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

1 Residencia de Maiores San Bartolomeu (Xove)

676 FALECEMENTOS EN GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.361, tres máis ca onte; deles 1.403 son da área da Coruña, 855 da de Lugo, 463 da de Ourense, 413 da de Pontevedra, 364 da área de Vigo, 689 da de Santiago, e 174 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 26 están en Uci, 201 en unidades de hospitalización e 4.134 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 14.670 persoas que recibiron a alta, rexistrándose 676 falecementos. A últimas persoas falecidas foi unha muller de 80 anos que estaba ingresada no CHUO e un home de un home de 76 anos que estaba ingresado no CHUAC. Ambos presentaban patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 384.735.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here