IniciosociedadeCincuenta e catro altas e 49 casos novos na provincia para 850...

Cincuenta e catro altas e 49 casos novos na provincia para 850 positivos, 68 deles ingresados

O Hospital Público da Mariña atende a un paciente con Covid-19

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixou a 850, cinco menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este sábado polo Sergas. Nas últimas 24 horas déronse un total de 54 altas, localizándose outros 49 casos novos.

Dos 850 positivos da área lucense, 68 permanecen ingresados. No Hospital Público da Mariña hai un paciente con Covid-19, por tres en Monforte e 17 no Polusa; todos eles en planta. Outros 47 doentes son atendidos no HULA, dos que cinco requiren coidados intensivos. O número de persoas contaxiadas que fican nos seus domicilios é de 782.

No histórico da provincia documéntanse 57 falecementos, o último comunicado hoxe, o dunha muller de 87 anos ingresada no HULA, trala morte o pasado venres dunha usuaria da residencia da residencia Outeiro de Rei.

Seis das vítimas mortais do virus na área lucense desde o inicio da pandemia eran da Mariñasete se se ten en conta que un varón faleceu na Uci de Burela tras ingresar polo virus e superar a doenza no seu período na unidade de críticos. Desde o inicio da pandemia, déronse 1.791 altas na provincia e o total de casos acumulados ascende a 2.698.

No tocante ás residencias, na Mariña hai un único caso, o dunha traballadora do xeriátrico San Bartolomeu de XoveNon houbo máis positivos nin entre o persoal nin entre os usuarios. Os contaxios localizados na provincia son os seguintes:

MAIORES
1 Residencia Castro Ribeiras do Lea
75 Residencia O Incio (O Incio)
141 Residencia DomusVi Lugo

TRABALLADORES
1 Residencia DomusVi Monforte (Monforte de Lemos)
28 Residencia O Incio (O Incio)
22 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)
1 Residencia de Maiores San Bartolomeu (Xove)

CASE 680 FALECEMENTOS EN GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.336, 25 menos ca onte; deles 1.340 son da área da Coruña, 848 da de Lugo, 486 da de Ourense, 439 da de Pontevedra, 364 da área de Vigo, 679 da de Santiago, e 180 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 28 están en Uci, 206 en unidades de hospitalización e 4.102 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 14.933 persoas curadas, rexistrándose 679 falecementos. As últimas persoas falecidas en centros hospitalarios foron un home de 77 anos que estaba ingresado no CHUAC e unha muller de 87 anos anos que estaba ingresada no HULA. Ambos presentaban patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 389.608.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...