A provincia suma 27 novos casos e 46 altas para baixar o total de contaxiados a 795

Do total de positivos, 64 permanecen ingresados; tres deles son atendidos no Hospital Público da Mariña

Persoal do Hospital da Mariña realiza probas PCR. EFE/ELISEO TRIGO

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 795, 19 menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este luns polo Sergas. Nas últimas 24 horas déronse un total de 46 altas na área lucense, mentres que se detectaron 27 positivos novos.

Dos 795 contaxiados, 64 permanecen ingresados. Tres deles son atendidos no Hospital Público da Mariña, catro en Monforte e 16 no Polusa, todos en planta; outros 41 pacientes permanecen no HULA, tres en coidados intensivos. Un total de 731 doentes fican nos seus domicilios.

No histórico da provincia, o número de falecementos é de 63.

Seis das vítimas mortais do virus na área lucense desde o inicio da pandemia eran da Mariñasete se se ten en conta que un varón faleceu na Uci de Burela tras ingresar polo virus e superar a doenza no seu período na unidade de críticos. Déronse 1.931 altas e o total de casos acumulados ascende a 2.789.

TRES NOVAS MORTES EN GALICIA PARA UN TOTAL DE 689

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.264 (14 menos ca onte); deles 1.297 son da área da Coruña, 795 da de Lugo, 482 da de Ourense, 503 da de Pontevedra, 361 da área de Vigo, 640 da de Santiago, e 186 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 28 están en Uci, 221 en unidades de hospitalización e 4.015 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 15.440 persoas curadas, rexistrándose 689 falecementos. As tres últimas persoas falecidas en centros hospitalarios son dous homes de 88 e 79 anos, que estaban ingresados no Hospital de Verín e no CHUAC, respectivamente; e unha muller de 75 anos que estaba ingresada no CHUO. Todos eles presentaban patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 398.112.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here