IniciosociedadePecha temporalmente un restaurante de Rinlo tras varios positivos por Covid-19 entre...

Pecha temporalmente un restaurante de Rinlo tras varios positivos por Covid-19 entre o persoal

A propia dirección de A Cofradía anunciou o paro "de alomenos 14 días" cun comunicado a través das redes; as persoas contaxiadas están asintomáticas

Publicada o

- Advertisement -

EFE. O restaurante A Cofradía, de Rinlo -no municipio de Ribadeo-, tomou a decisión de pechar as súas portas durante “polo menos 14 días” despois de que varias persoas do seu persoal desen positivo por Covid-19.

A noticia foi comunicada polo propio restaurante mediante un comunicado difundido a través do seu perfil nas redes sociais.

“Tras estar en contacto cun positivo en covid-19, todos os integrantes da empresa sometémonos á proba PCR pese a non presentar ningunha sintomatoloxía”, explica a dirección deste coñecido restaurante, e “algúns dos nosos compañeiros deron positivo”, aínda que son “totalmente asintomáticos“.

Comunicado oficial desde A Cofradía de Rinlo:Tras estar en contacto cun positivo en COVID-19 todos os integrantes da…

Publicada por A Cofradía de Rinlo en Martes, 15 de septiembre de 2020

“Tomamos a decisión responsable“, engade nese comunicado, de manter pechado “durante polo menos 14 días” o establecemento ata que se poida “garantir a seguridade dos nosos clientes e traballadores“.

Tamén informa de que xa puxo estas circunstancias en “coñecemento das autoridades sanitarias da Xunta de Galicia“.

“Sentimos profundamente esta situación e pedimos desculpas a todos os nosos clientes polas molestias ocasionadas”, conclúe.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...