(CORRECCIÓN) Reconto do mércores: 32 casos novos e 23 altas para 781 positivos na provincia

Dos 61 ingresados con Covid-19 na área lucense, hai un único paciente no Hospital da Mariña, en planta

Proba de coronavirus en Burela. CARLOS CASTRO/EP/GC

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo aumenta a 781, 9 máis ca onte, segundo o reconto ofrecido este mércores polo Sergas. Nas últimas 24 horas déronse 23 altas, polo que o número de positivos novos detectados neste mesmo período é de 32.

Dos 781 contaxiados, 61 permanecen ingresados. Un deles é atendido no Hospital Público da Mariña; dous en Monforte e 16 no Polusa, todos en planta. Un total de 42 doentes con Covid-19 fican no HULA, catro deles en coidados intensivos. Os restantes 720 pasan a corentena nos seus domicilios.

No histórico da provincia documéntanse 68 falecementos, o último deles no HULA, o dun residente do xeriátrico de Outeiro de Rei.

Seis das vítimas mortais do virus na área lucense desde o inicio da pandemia eran da Mariñasete se se ten en conta que un varón faleceu na Uci de Burela tras ingresar polo virus e superar a doenza no seu período na unidade de críticos. No histórico da provincia déronse 1.994 altas e o total de casos acumulados ascende a 2.843.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias, na Mariña hai un único caso, o dunha traballadora do xeriátrico San Bartolomeu de XoveNon houbo máis positivos nin entre o persoal nin entre os usuarios. Os contaxios localizados na provincia son os seguintes:

MAIORES

1 Residencia Castro Ribeiras do Lea

58 Residencia O Incio (O Incio)

137 Residencia DomusVi Lugo

TRABALLADORES

1 Residencia DomusVi Monforte (Monforte de Lemos)

37 Residencia O Incio (O Incio)

23 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

1 Residencia de Maiores San Bartolomeu (Xove)

1 Residencia de atención a persoas con dano cerebral (Castro de Rei)

4.322 CASOS EN GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.322 (21 máis); deles 1.237 son da área da Coruña, 781 da de Lugo, 500 da de Ourense, 577 da de Pontevedra, 387 da área de Vigo, 659 da de Santiago, e 181 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 29 están en Uci, 211 en unidades de hospitalización e 4.082 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 15.829 persoas coa alta, rexistrándose 696 falecementos. O número de PCR realizadas é de 405.798.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here