A Faba Verdina de Galicia alcanza a oficialidade como marca

A concesión do distintivo supón o punto de partida, sinala a agrupación de produtores con sé en Mondoñedo, dun proxecto de producción certificada desta especie

Representantes da asociación Verdina de Galicia e do Concello de Mondoñedo. AXM

A Asociación de Produtores de Verdina de Galicia, con sede en Mondoñedo, vén de acadar oficialmente a marca que garante a orixe dos produtores aos consumidores: Faba Verdina de Galicia.

A marca Faba Verdina de Galicia foi solicitada por dita asociación a mediados do ano pasado. Tras un procedemento longo no tempo, finalmente superou sen dificultade todas as obxeccions presentadas, e acaba de ser concedida, a través dunha resolución que é definitiva en vía administrativa.

A concesión deste distintivo supón a culminación dun proceso iniciado con ilusión polos integrantes da agrupación, e tamén o punto de partida dun proxecto de producción certificada de gran importancia para o sector e para as zonas de producción desta leguminosa que ten categoría gourmet e que na comarca da Mariña lucense acada os mais altos estándares de calidade.

“TEMOS UN BO PRODUTO”

Con orgullo, expresa Alfonso Cartoy, integrante da colectivo, que “non só é un éxito para nós, senón tamén para a zona. Temos un bo produto e non temos que envexar a produtores doutras rexións na forma en que o facemos”, indica. Proba delo é que entre o 50 e o 60% da produción do noroeste de España, que se acaba vendendo a través doutras verdinas, procede da Mariña luguesa.

A Asociación de Produtores de Verdina de Galicia está composta por tres produtores da zona que estiman recoller nesta campaña, que remata en outubro, unhas 20 toneladas deste produto. Teñen unha produción doutras vinte hectáreas, que agardan ampliar o vindeiro ano. Asemade, tamén amosan a súa disposición a seguir integrando máis socios, co fin de “seguir facendo grande o noso produto e a nosa marca”, conclúe Cartoy.

O CONCELLO VE A NOVA “MOI SATISFACTORIA”

Trátase, segundo indica o goberno local, dunha nova “moi satisfactoria”. E é que, dende a entidade local, “estamos e sempre estivemos a disposición de proxectos como este que valorizan os nosos recursos e o noso territorio”, afirman.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here