IniciosociedadeMínimo ritmo de contaxio na provincia, con catro casos novos e 40...

Mínimo ritmo de contaxio na provincia, con catro casos novos e 40 altas, pero aumentan os ingresados

O Hospital Público da Mariña atende a dúas persoas con Covid-19

Publicada o

- Advertisement -
O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 689, 36 menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este luns polo Sergas. Nas últimas 24 horas déronse 40 altas, do que deriva que na última xornada só se detectaron catro positivos novos. Dos 689 contaxiados, 57 están ingresados (catro máis ca na anterior actualización): dous no Hospital Público da Mariña, dous en Monforte e 12 no Polusa; hai 41 pacientes no HULA, entre eles os catro da área lucense que requiren coidados intensivos. Un total de 632 doentes pasan a corentena nos seus domicilios.

HISTÓRICO

No histórico da provincia documéntanse 82 falecementos.

Seis das vítimas mortais do virus na área lucense desde o inicio da pandemia eran da Mariñasete se se ten en conta que un varón faleceu na Uci de Burela tras ingresar polo virus e superar a doenza no seu período na unidade de críticos. Déronse 2.178 altas e 2.949 falecementos.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias, na Mariña hai un único caso, o dunha traballadora do xeriátrico San Bartolomeu de XoveNon houbo máis positivos nin entre o persoal nin entre os usuarios. Os contaxios localizados na provincia son os seguintes:

MAIORES

1 Residencia Castro Ribeiras do Lea

58 Residencia O Incio (O Incio)

133 Residencia DomusVi Lugo

TRABALLADORES

1 Residencia A Milagrosa (Lugo)  

35 Residencia O Incio (O Incio)  

24 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)  

1 Residencia de Maiores San Bartolomeu (Xove)  

1 Residencia de atención a persoas con dano cerebral (Castro de Rei)

716 MORTOS EN GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.304 deles 1.148 son da área da Coruña, 689 da de Lugo, 541 da de Ourense, 667 da de Pontevedra, 457 da área de Vigo, 625 da de Santiago, e 177 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 32 están en UCI, 211 en unidades de hospitalización e 4.061 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 16.995 persoas curadas, rexistrándose 718 falecementos. A última persoa falecida en centros hospitalarios foi  unha muller de 87 anos que faleceu no Complexo Hospitalario de Ourense e presentaba patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 431.081.

INCORPORACIÓNS COMO FIXOS DE ENFERMEIROS (35), ADMINISTRATIVOS (13) E CELADORES (1) NA MARIÑA

Dos 119 traballadores da categoría de enfermeiro que obtiveron a condición de fixeza no concurso-oposición do Sergas, 70 incorporaranse ao distrito sanitario de Lugo, 35 ao distrito sanitario de A Mariña e 14 ao distrito sanitario de Monforte de Lemos. Das 41 prazas correspondentes á categoría de grupo auxiliar da función administrativa, 28 son do distrito sanitario de Lugo e 13 do distrito sanitario de A Mariña. Finalmente, na categoría de celador incorporaranse con vínculo de fixeza ao Sergas 30 profesionais, dos que 22 corresponden ao distrito sanitario de Lugo, un ao de A Mariña e 7 ao distrito sanitario de Monforte de Lemos. En total, son 190 os profesionais que se incorporan ao sistema sanitario da provincia con condición de fixeza no seu posto de traballo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...