IniciosociedadeA provincia roza os 60 ingresados por Covid-19, un deles no Hospital...

A provincia roza os 60 ingresados por Covid-19, un deles no Hospital da Mariña

O número de casos activos de coronavirus na área lucense baixa a 687, tras 25 positivos novos e 27 altas nas últimas 24 horas

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixa a 687, dous menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este martes polo Sergas. Nas últimas 24 horas déronse un total de 27 altas, mentres que os positivos novos documentados neste mesmo período ascenden a 25.

Dos 687 contaxiados, 59 deles permanecen ingresados, dous máis ca onte. Hai un paciente con Covid-19 no Hospital Público da Mariña (un menos ca onte), dous en Monforte, doce no Polusa -todos en planta- e 44 no HULA, entre eles os catro doentes da área lucense que precisan coidados intensivos. Un total de 628 infectados permanecen nos seus domicilios.

No histórico da pandemia houbo 82 falecementos na provincia. Seis das vítimas mortais do virus na área lucense desde o inicio da pandemia eran da Mariñasete se se ten en conta que un varón faleceu na Uci de Burela tras ingresar polo virus e superar a doenza no seu período na unidade de críticos. Déronse 2.205 altas e o número de positivos acumulados ascende a 2.974.

RESIDENCIAS

No relativo ás residencias, na Mariña hai un único caso, o dunha traballadora do xeriátrico San Bartolomeu de XoveNon houbo máis positivos nin entre o persoal nin entre os usuarios. Os contaxios localizados na provincia son os seguintes:

MAIORES

1 Residencia Castro Ribeiras do Lea
58 Residencia O Incio (O Incio)
133 Residencia DomusVi Lugo

TRABALLADORES

1 Residencia A Milagrosa (Lugo)
35 Residencia O Incio (O Incio)
24 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)
1 Residencia de Maiores San Bartolomeu (Xove)

1 Residencia de atención a persoas con dano cerebral (Castro de Rei)

COLEXIOS

No tocante aos centros educativos da provincia, localizáronse 17 positivos, un na Mariña, o dun alumno do Colexio Sagrado Corazón de Ribadeo.

ÁREA DE LUGO POSITIVOS (17) AULAS PECHADAS (1) CENTROS PECHADOS (0)
CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO
CHANTADA CEIP Xoán de Requeixo 1 0 0
FRIOL CPI DR. López Suárez 1 0 0
GUITIRIZ IES Poeta Díaz Castro 1 0 0
O INCIO CEIP Ricardo Gasset 1 0 0
RIBADEO CPR Sagrado Corazón 1 0 0
LUGO EASD Ramon Falcón 1 0 0
LUGO CPR Plurilingüe Padres Franciscanos 3 0 0
LUGO CPR Plurilingüe La Inmaculada 2 0 0
BALEIRA CEIP Plurilingüe Concepción López Rey 1 0 0
LUGO CEIP As Gándaras 3 0 0
SARRIA IES Xograr Afonso Gómez de Sarria 1 0 0
LUGO CEE Santa María 1 1 0

721 FALECEMENTOS EN GALICIA

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.350 (46 máis ca onte); deles 1.114 son da área da Coruña, 687 da de Lugo, 551 da de Ourense, 702 da de Pontevedra, 489 da área de Vigo, 627 da de Santiago, e 180 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 32 están en Uci, 214 en unidades de hospitalización e 4.104 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 17.167 persoas coa alta, rexistrándose 721 falecementos. A última persoa falecida en centros hospitalarios foi  un home de 82 anos que faleceu no Complexo Hospitalario de Ourense e presentaba patoloxías previas. O número de PCR realizadas é de 434.864.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...