IniciosociedadeConcello de Barreiros e Madeiristas de Lugo asinan un convenio para o...

Concello de Barreiros e Madeiristas de Lugo asinan un convenio para o arranxo de pistas forestais

O acordo recolle os compromisos e o protocolo de actuación para a protección do medio ambiente e a conservación das vías, dado o impacto dos traballos de aproveitamento do monte

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros e a Asociación de empresarios de primeira transformación da madeira de Lugo, que reúne un importante número de empresas vinculadas ao sector forestal, veñen de asinar un convenio que recolle os compromisos e o protocolo de actuación para a protección do medio ambiente e a conservación das vías municipais.

O texto asinado pola alcaldesa, a nacionalista Ana Ermida, e o presidente da agrupación, Daniel Díaz Ramos, establece a obriga de comunicación e sinalización dos traballos forestais realizados polas empresas asociadas, ao fin de facilitar a labor de seguimento do bo uso dos servizos municipais, especialmente dos camiños e pistas forestais.

Ermida explica que se trata de “iniciar unha senda de colaboración entre o sector empresarial e o Concello para facilitar os traballos forestais, que indudablemente teñen un grande impacto no territorio, e garantir o menor prexuízo dos mesmos nas vías municipais e, de ser o caso, axilizar os mecanismos de reparacións das mesmas”.

O convenio especifica que o arranxo das vías debe realizarse, de ser preciso, nun prazo acordado entre as empresas e o Concello, non podendo producirse dilacións indebidas e inclúe dentro dos traballos forestais tanto a saca de madeira como as pacas de biomasa; comprometéndose a asociación a realizar as xestións oportunas para o bo fin do acordo.

En base a este acordo, constituirase tamén unha comisión mixta entre Concello e agrupación ao fin de analizar a situación e a resolución de posibles conflitos que poidan existir.

A alcaldesa valorou a sinatura deste acordo pola vontade que se amosa entre as partes de pór solución a posibles problemas que poidan existir, facilitando a convivencia dun sector con gran peso económico no municipio, como é o forestal, con outras actividades que teñen que compartir espazo territorial.

NA PROCURA DUN “EQUILIBRIO” ENTRE OS USOS DO MONTE E OS RECURSOS MUNICIPAIS

“Somos conscientes da importancia que ten o aproveitamento do monte coa corta e saca de madeira e a necesidade de adaptar as infraestruturas a tal uso, mais non é menos certo que o impacto xerado por dita actividade non pode resultar negativo para o conxunto da poboación; por iso hai que buscar o equilibrio para que os usos sociais e económicos do monte e recursos municipais non sexan incompatibles”, afirmou Ana Ermida.

Díaz Ramos agradeceu a colaboración e disposición do Concello de Barreiros para contribuír a normalizar e mellorar os traballos forestais que se realicen no municipio; beneficiando deste xeito ao conxunto da poboación mediante a implicación de todos os sectores no mantemento das vías municipais.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...