IniciosociedadeA provincia roza os 90 falecementos logo dunha nova vítima mortal na...

A provincia roza os 90 falecementos logo dunha nova vítima mortal na residencia de Outeiro de Rei

A cifra de positivos baixa na área lucense despois de 20 casos novos e 32 altas; o Hospital Público da Mariña segue sen pacientes Covid-19

Publicada o

- Advertisement -

O número de casos de coronavirus na provincia de Lugo é de 524, trece menos ca onte, segundo o reconto ofrecido este xoves polo Sergas. Nas últimas 24 horas déronse 32 altas, polo que o número de positivos novos é de 20, dado que neste período tamén se produciu un falecemento, o dunha muller da residencia de maiores DomusVi Lugo (Outeiro de Rei).

Dos 524 infectados, 32 permanecen ingresados: 27 son atendidos no HULA, entre eles os catro pacientes da área lucense que requiren coidados intensivos. Outros catro fican no Polusa e un en Monforte; o Hospital Público da Mariña non ten neste momento ningún paciente hospitalizado por Covid-19. Un total de 492 persoas pasan a corentena nos seus domicilios.

O número de falecementos ascende a 89, con 2.557 altas e 3.170 casos acumulados desde o inicio da pandemia.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias da provincia, danse os seguintes positivos -só un na Mariña, no xeriátrico de Xove-:

MAIORES

48 Residencia O Incio
131 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

TRABALLADORES

1 Residencia A Milagrosa (Lugo)
2 Residencia Orpea Lugo (Lugo)
24 Residencia O Incio
22 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)
1 Residencia de Maiores San Bartolomeu (Xove)
1 Residencia de atención a persoas con dano cerebral de Fudace (Castro de Rei)
1 Residencia de atención a persoas gravemente afectados de parálise e dano cerebral da Cruz Vermella (Castro de Rei)

CENTROS EDUCATIVOS

No relativo aos centros educativos, na Mariña danse dous positivos; no Ceip O Cantel, no Ceip Fondo Nois, ambos en Foz.

GALICIA CONTA 4.269 CONTAXIADOS, OITO MÁIS

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.259 (oito máis ca onte); deles 964 son da área da Coruña, 524 da de Lugo, 799 da de Ourense, 795 da de Pontevedra, 514 da área de Vigo, 534 da de Santiago, e 129 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 33 están en UCI, 203 en unidades de hospitalización e 4.023 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 19.129 persoas curadas, rexistrándose 747 falecementos. O número de PCR realizadas é de 486.731.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...