IniciosociedadeO Sergas pide que as xuntanzas familiares nas San Lucas se limiten...

O Sergas pide que as xuntanzas familiares nas San Lucas se limiten “aos grupos conviventes”

O Hospital da Mariña non ten arestora pacientes Covid-19; reciben a alta as persoas contaxiadas no Ceip O Cantel e no Fondo Nois

Publicada o

- Advertisement -

Ramón González Rey/Efe. O xerente da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares, insiste en pedir precaución “no ámbito familiar” para previr posibles contaxios de Covid-19, ante as previsibles reunións con motivo de festas tan populares na provincia como o San Froilán, en Lugo, ou As San Lucas, en Mondoñedo.

“Hai que ter moito coidado nesas comidas”, dixo Ares en declaracións a Efe, porque é precisamente no “ámbito familiar”, nese tipo de celebracións, onde se está producindo un maior número de contaxios.

Aínda que recoñeceu que a situación epidemiolóxica na área sanitaria é “estable” nestes momentos, insistiu en que “iso non quere dicir que teñamos que manter as medidas de precaución”, especialmente nesas previsibles “reunións familiares” con motivo das festas de Lugo e Mondoñedo.

“Non podemos baixar a garda“, engadiu Ares, quen ademais de recordar as habituais medidas de precaución, incidiu na importancia de que esas reunións se circunscriban, na medida do posible, a “grupos de convivencia estables”.

A participación de familiares procedentes doutros lugares fai que “o risco de transmisión sexa maior”.

En canto á presión asistencial provocada polo Covid-19 na provincia, precisou que tamén é “estable”, pero incidiu na necesidade de ser responsables para seguir manténdoa en “niveis baixos”.

CATORCE CASOS NOVOS E 21 ALTAS PARA 486 POSITIVOS NA PROVINCIA

No tocante á situación epidemiolóxica, na provincia documéntanse 486 casos de coronavirus, sete menos ca onte, segundo o reconto ofrecido polo Sergas este mércores. Nas últimas 24 horas déronse 14 positivos novos e 21 altas.

Dos 486 contaxiados, 31 permanecen ingresados. O Hospital Público da Mariña non ten pacientes Covid-19; un doente é atendido en Monforte e outro no Polusa, mentres que 29 fican no HULA, entre eles os cinco lucenses que requiren de coidados intensivos. Un total de 455 persoas pasan a corentena nos seus domicilios.

No histórico da pandemia documéntanse 91 falecementos, 2.689 altas e 3.266 casos acumulados.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias da provincia, danse os seguintes positivos -só un na Mariña, no xeriátrico de Xove-:

MAIORES

42 Residencia O Incio

130 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

TRABALLADORES

1 Vivenda comunitaria Fogar do Cereixal (Becerreá)

2 Residencia Orpea Lugo (Lugo)

9 Residencia O Incio

20 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

1 Residencia de Maiores San Bartolomeu (Xove)

1 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo)

CENTROS EDUCATIVOS

Nos centros educativos da Mariña, non se documentan casos despois da alta de dous contaxiados, un no Ceip O Cantel e outro no Ceip Fondo Nois, ambos en Foz. Consulta na ligazón os datos completos. 20201007 Datos Escolas Infantis Centros Educativos

51 POSITIVOS MENOS CA ONTE EN GALICIA PARA 4.068

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.068 (51 menos); deles 787 son da área da Coruña, 486 da de Lugo, 1.123 da de Ourense, 630 da de Pontevedra, 390 da área de Vigo, 544 da de Santiago e 108 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 34 están en Uci, 185 en unidades de hospitalización e 3.849 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 20.591 persoas curadas, rexistrándose 769 falecementos. O número de PCR realizadas é de 523.412.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...