IniciosociedadeInstan ao Sergas a reforzar o persoal para recuperar as consultas presenciais...

Instan ao Sergas a reforzar o persoal para recuperar as consultas presenciais nos centros de saúde

A plataforma sinala que a atención por telefóno crea aos usuarios unha "enorme dificultade" e "non pode ser a única nin a principal vía" para acceder aos servizos sanitarios

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma Sanitaria na Defensa da Sanidade Pública da Mariña emitiu un comunicado de prensa a través do que esixe ao Sergas que acometa “todas as actuacións precisas” para que os centros de saúde da comarca “retomen a actividade presencial“, rematando desta forma “coa percepción que ten a poboación de que non está sendo atendida como se merece”.

O colectivo explica que a raíz da pandemia, a Xunta de Galicia “decidiu centrar a atención sanitaria en citas e consultas telefónicas, reducíndose drasticamente a atención presencial, e mesmo Feijóo indicou que a atención por teléfono podería ser a medicina do futuro“. Unha estratexia que, argumenta a voceira da plataforma, Montse Porteiro, “xerou unha enorme dificultade para acceder aos servizos sanitarios, xa que non se dotou dos recursos materiais, tecnolóxicos e humanos precisos para que se poidera efectuar con garantías”.

TRABALLADORES “DESBORDADOS”, QUE ATENDEN TAREFAS HABITUAIS E O RASTREXO DA COVID-19

“O persoal sanitario e administrativo dos centros viuse totalmente desbordado, que viu como ás suas tarefas habituais se lle engadiron outras novas funcións de seguimento e rastrexo, sen reforzarse en absoluto o cadro de persoal e mesmo continuando coas súas políticas de non substitución dos traballadores ausentes por diversos motivos”.

A esta situación, continúa, “hai que engadir a escasez de liñas habilitadas para as chamadas telefónicas, a desviación de chamadas a unha central privada de atención e a percepción pola poboación de que as chamadas non son atendidas, ao non dar ton cando se está a atender unha chamada”.

Desde o colectivo sanitario esixen ao Sergas “que adopte as medidas necesarias para garantir maioritariamente a atención presencial, dotando aos centros da ratio axeitada de persoal, substituíndo aos profesionais con ausencias xustificadas, garantindo un acceso seguro e progresivo aos centros e evitando as aglomeracións de persoas cuns protocolos de actuación precisos”.

“Aínda que a atención telefónica é unha ferramenta que pode solucionar certas situacións non debe ser en ningún caso a única nin a principal“, conclúe Porteiro.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...