Galicia roza os 800 falecementos de pacientes Covid-19 desde o inicio da pandemia

O número de positivos na provincia baixa a 475 tras 13 casos novos e 15 altas; 31 lucenses permanecen ingresados, un deles no Hospital da Mariña

Traslado hospitalario. EFE/SHENKA GUTIÉRREZ

O número de casos activos de coronavirus na provincia de Lugo baixan a 475, dous menos, segundo o reconto ofrecido este mércores polo Sergas. Nas últimas 24 horas localizáronse 13 positivos novos, dándose nese mesmo período 15 altas.

Dos 475 contaxiados, 31 permanecen ingresados, 28 deles no HULA, 23 en planta e cinco na Uci -os únicos pacientes da área sanitaria lucense que requiren de coidados intensivos-. O Hospital Público da Mariña atende un paciente Covid-19, ao igual que os centros hospitalarios de Monforte e o Polusa, privado. Un total de 444 doentes pasan a corentena nos seus domicilios.

No histórico da provincia documéntanse 91 falecementos, 2.890 altas e 3.456 casos acumulados desde o inicio da pandemia.

RESIDENCIAS

No tocante ás residencias, danse os seguintes positivos -só un na Mariña, no xeriátrico de Xove:

MAIORES

1 Residencia O Incio

130 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

TRABALLADORES

2 Residencia Orpea Lugo (Lugo)

9 Residencia O Incio

20 Residencia DomusVi Lugo (Outeiro de Rei)

1 Residencia de Maiores San Bartolomeu (Xove)

1 Residencia San Vicente de Paúl (Lugo)

CENTROS EDUCATIVOS

Nos centros educativos da Mariña non se localizan casos de coronavirus. Podes consultar o listado completo de contaxios nesta ligazón. 20201014DatosEscolasInfantisCentrosEducativos

91 CASOS MÁIS

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.601 (91 máis), deles 765 son da área da Coruña, 475 da de Lugo, 1.605 da de Ourense, 469 da de Pontevedra, 512 da área de Vigo, 628 da de Santiago, e 147 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 41 están en UCI, 218 en unidades de hospitalización e 4.342 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 22.277 persoas curadas, rexistrándose 797 falecementos tras unha xornada negra no día de onte, con once mortes. O número de PCR realizadas é de 560.887.

Na xornada de onte rexistráronse dous falecementos en centros residenciais. Un tivo lugar na residencia de maiores Val de Monterrei (Monterrei) —home, 89 anos, patoloxías previas—e o outro aconteceu na residencia de maiores Os Gozos (O Pereiro de Aguiar) —home, 96 anos, patoloxías previas—.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here