Un tapeo e a presenza de Miguel Cobo, bazas das xornadas gastronómicas de Xove

O cociñeiro, finalista de Top Chef, ofrecerá unha demostración o 25 de outubro e o 26 haberá petiscos mariñeiros nos locais da vila

Miguel Cobo. AXM

O Concello de Xove e maila Aciam celebrarán os días 25 e 26 de outubro a primeira edición dunhas xornadas gastronómicas que contarán coa presenza de Miguel Cobo, cociñeiro finalista do programa de televisión Top Chef.

O restaurador de Cobo Vintage (Burgos), que ostenta unha estrela Michelín e gañou no 2012 o premio ao mellor cociñeiro de Castela e León, tamén é coñecido pola súa faceta como comunicador en Telemadrid, televisión na que presentou ‘La cuenta, por favor‘.

O chef ofrecerá unha demostración de cociña o xoves 25. Será no pavillón de deportes, desde as 20.30 horas, nun acto no que colabora Acosta Mueble.

OITO ESTABLECEMENTOS

Na exhibición de Cobo participarán representantes de oito locais de hostalería de Xove: ‘Onde Sempre‘, ‘O Refugio‘, ‘A Fuga‘, ‘Cabaliño do Mar‘, ‘Cociña‘, ‘A Roda‘, ‘O Pepe‘ e o centro cívico.

Os cociñeiros destes oito establecementos aplicarán o aprendido o venres 26, nun tapeo con produtos frescos do mar

O propio Miguel Cobo asesorará as tapas elaboradas e un xurado premiará o mellor petisco.

VENRES DE TAPEO

Antes, esta semana, comezarán os ‘Venres de Tapeo‘, desde as 20.00 horas. Todas as persoas que asistan poden selar a súa papeleta para participar no sorteo do mes de novembro.

O premio constará de 100 euros e haberá un extra de 50 para as persoas se atopen no local no momento do sorteo.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here